Pobo iupik de Siberia
Pobo esquimó
Os iupik de Siberia, tamén chamados polo seu nome ancestral yuits, son un pobo indíxena esquimó que habita na costa da península de Chukotka, en Rusia e na illa de St. Lawrence, en Alasca. Falan a lingua iupik de Siberia, unha lingua iupik da familia de linguas esquimó-aleutianas.
Pobo iupik de Siberia | |
---|---|
Muller iupik de Siberia sostendo cairos de morsa, foto de Nabogatova. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 800 | |
Rexións principais: | |
![]() | 1 728[1] |
![]() | 1 110 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua iupik de Siberia, ruso e inglés |
Relixión | cristianismo, xamanismo |
Grupos relacionados | Alutiiq e iupik de Alasca central |
O nome yuit (юит, plural: юиты) foilles oficialmente asignado en 1931, nun breve período de apoio ás culturas indíxenas da Unión Soviética. O seu autónimo é yupighyt (йупигыт) significa "pobo verdadeiro".
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo iupik de Siberia |
Bibliografía
editar- Krupnik, Igor, and Nikolay Vakhtin. 1997. "Indigenous Knowledge in Modern Culture: Siberian Yupik Ecological Legacy in Transition". Arctic Anthropology. 34, no. 1: 236.