Počitelj
Počitelj (en cirílico: Почитељ) é unha vila situada no municipio de Čapljina, na Federación de Bosnia e Hercegovina, Bosnia e Hercegovina. O lugar histórico de Počitelj está situado na ribeira esquerda do río Neretva.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bosnia e Hercegovina | |||
Entidade territorial administrativa | Federación de Bosnia e Hercegovina | |||
Cantón | Cantón de Hercegovina-Neretva | |||
Cidade | City of Čapljina (en) ![]() ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 99 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 36 ![]() | |||
Monumento Nacional de Bosnia e Hercegovina ![]() | ||||
Sitio web | capljina.ba ![]() |
Descrición
editarSituada ao sur de Mostar, é famosa pola súa arquitectura musulmá cunha mesquita, unha madrasa e casas turcas. Extráese aluminio dunha explotación de bauxita dende 1976, empregando enerxía dunha central hidroeléctrica próxima.
Turismo
editarO castelo de Počitelj, construído en 1444, é un dos principais puntos de interese da vila; ofrece unha ampla vista do val do río Neretva.
A mesquita de Šišman Ibrahim-Paša, construída entre 1562 e 1563, danada durante a Guerra dos Balcáns[1] foi restaurada. A torre do reloxo data do 1664.
Notas
editar- ↑ Gort, Jerald (2002). Religion, Conflict and Reconciliation: Multifaith Ideals and Realities. Rodopi. p. 347. ISBN 90-420-1460-1.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Počitelj |
Bibliografía
editar- Artigo "Mostar" da Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition en DVD (en inglés).