Poços de Caldas
Poços de Caldas é unha cidade do estado brasileiro de Minas Xerais famosa no Brasil polas súas fontes de auga mineral, usadas para varios tipos de tratamento medicinal. A súa fama vén dende finais do século XIX ata hoxe. Grazas á súa altura media (1168 m sobre o nivel do mar) o clima é tropical de altitude, con temperaturas un pouco máis amenas.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Minas Xerais | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 163.742 (2022) (299,31 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 547,059 km² | ||||
Altitude | 1.196 m-1.273 m | ||||
Comparte fronteira con | Águas da Prata (pt) Caldas (pt) Caconde (pt) Divinolândia (pt) Campestre (pt) Andradas (pt) Botelhos (pt) Bandeira do Sul (pt) São Sebastião da Grama (pt) | ||||
Creación | 6 de novembro de 1872 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37700-001 a 37719-999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 35 | ||||
Código de concello do Brasil | 3151800 | ||||
Sitio web | pocosdecaldas.mg.gov.br |
Unha parte considerábel das actividades económicas da cidade xira en torno do turismo, grazas á fama das súas fontes e baños medicinais. Por estar a 260 km de São Paulo e a 169 km de Campinas (as cales únese por estradas modernas) e tamén a 468 km de Belo Horizonte e 470 km do Río de Xaneiro, o fluxo de turistas vindos destas grandes cidades é expresivo e, así, axuda a movimentar o comercio local, e tamén a produción de doces artesanais e de obxectos decorativos feitos de cristal e vidro fundidos que lembran os de Murano, en Italia. Para tornála máis agradábel ao turista, as súas prazas e avenidas son cuidadosamente arborizadas e floridas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Poços de Caldas |