Plutarco de Atenas
filósofo grego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Plutarco.
Plutarco de Atenas (Πλούταρχος Plutarkhos), nado sobre 350 e finado en 430, foi un filósofo neoplatónico grego que dirixiu a escola neoplatónica de Atenas ao comezo do século V. Foi coñecido como Plutarco o Grande.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Πλούταρχος ὁ Ἀθηναῖος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 350 ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Morte | década de 430 ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Escolarca da Academia de Atenas | |
400 – 432 – Siriano de Alexandría → ![]() | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, astroloxía e Psicoterapia ![]() |
Ocupación | filósofo ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano e Antigüidade tardía ![]() |
Alumnos | Proclo, Asclepigénia de Atenas (pt) ![]() ![]() |
Influencias | |
Familia | |
Fillos | Hiério, Asclepigénia de Atenas ![]() |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Nestorio, foi un ecléctico ou sincretista e foi mestre de Siriano de Alexandría, que despois o sucedeu á fronte da escola, e de Proclo de Licia. Crese que seguiu a Iámblico na súa doutrina da eficacia dos ritos teúrxicos para levar ao home á comuñón con Deus.
Obra
editarEscribiu algúns comentarios que se perderon sobre o Timeo de Platón e De ánima de Aristóteles. Morreu a avanzada idade o 430.