Plus ultra
Plus ultra é unha locución latina que significa "Máis aló" e é o lema de España.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Columnas_Plus_Ultra.png/150px-Columnas_Plus_Ultra.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/85/Escudo_de_Espa%C3%B1a_%28mazonado%29.svg/150px-Escudo_de_Espa%C3%B1a_%28mazonado%29.svg.png)
Orixe
editarFoi Carlos I de España (tamén coñecido como Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico), quen o utilizou como o seu lema persoal como expresión do dinamismo do novo Imperio español.
Segundo os estudos de Earl Rosenthal[1], o lema provén da influencia do médico e conselleiro persoal de Carlos V, o humanista milanés Luigi Marliano. Este aconsellou ao novo duque e futuro emperador en 1515, cando acadou a súa maioría de idade e foi proclamado Gran Mestre da Orde do Vélaro de Ouro, poñer baixo a súa oficina o lema latino Plus ultra.
Exploración marítima
editarEste lema empregouse para animar aos navegantes a desafiar e esquecer a antiga advertencia da mitoloxía grega, segundo a cal Hércules puxera dous piares no Estreito de Xibraltar, e críase que eran o límite do Mundo, a última fronteira que os navegantes do Mediterráneo podían alcanzar. Era o Non Terrae Plus ultra (Non existe terra máis aló) en referencia tamén a Fisterra, pero este lema perdeu o seu poder simbólico a raíz de que Cristovo Colón chegase ás Indias Occidentais cruzando o océano Atlántico en 1492.
Lema
editarDesde entón, este foi o lema de España, a excepción de Unha, Grande e Libre, lema do franquismo. No actual escudo constitucional, o lema vén escrito ao redor das dúas Columnas de Hércules.
Notas
editar- ↑ Earl Rosenthal Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Earl Rosenthal
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.