Plácido Betanzos
político, profesor e escritor galego
Xosé Plácido Betanzos García, nado en Ribeira en 1952 e finado no mesmo concello o 2 de xuño de 2018,[1] foi un político, profesor e escritor galego.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (gl) Xosé Plácido Betanzos García ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1952 ![]() Ribeira, España ![]() |
Morte | 2 de xuño de 2018 ![]() Ribeira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, catedrático ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMilitou sempre no BNG[2], co que botou máis dunha década como voceiro en Ribeira[3]. Foi concelleiro de 1992 a 2002 e candidato á alcaldía de Ribeira en 1995 e 1999[4].
Exerceu no antigo Instituto Social de la Marina de Ribeira, un ano na Guarda e tamén no CIFP Coroso e o Leliadoura[5].
Na escrita tratou temas como o drama da emigración na comarca da Barbanza nos primeiros anos do século XX en Nova York ou sobre a violencia machista en Bágoas na chuvia.
Obra
editar- Coiteladas na alma (2009), Ed. EraDixital, 104 p., ISBN 9788461326396[6]
- Paravea no inferno (2011), Ed. Fervenza, 73 p., ISBN 9788496368514
- Bágoas na chuvia (2016), Ed. Fervenza, 125 p., ISBN 9788494537554
Notas
editar- ↑ Redacción. Fervenzas literarias, ed. "Falece o escritor Plácido Betanzos aos 65 anos". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 5 de xuño de 2018.
- ↑ "Fallece a los 65 años el profesor y escritor Plácido Betanzos". La Voz de Galicia. Consultado o 03/06/2018.
- ↑ "Despedida del político nacionalista Plácido Betanzos". La Voz de Galicia. Consultado o 03/06/2018.
- ↑ "Plácido Betanzos un bo e xeneros". bng.ribeira. Arquivado dende o orixinal o 24/07/2018. Consultado o 03/06/2018.
- ↑ "Plácido Betanzos 35 anos de servizo da docencia". La Voz de Galicia. Consultado o 03/06/2018.
- ↑ "Catálogo BNE". catalogo.bne. Consultado o 03/06/2018.