Piteas
Piteas (c.-380 – c.-310 a.C.) foi un navegante, xeógrafo e explorador grego da colonia focea de Massilia (actual Marsella).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Πυθέας c. 359 a. C. Massália (Grécia Antiga), Francia (pt) |
Morte | c. 289 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, astrónomo |
Período de actividade | (Con vida en: século IV a. C. ) |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Pytheas |
Traxectoria
editarFixo unha viaxe de exploración polo noroeste de Europa arredor do ano 325 a.C. Piteas describiu as súas viaxes no libro Περὶ τοῦ Ὠκεανοῦ (Sobre o Océano), da que só se conservan fragmentos, citados por outros autores. Polibio e Estrabón, entre outros, acusaron a Piteas de describir unha viaxe que nunca realizou, un dos poucos en defendelo foi Eratóstenes. Pero o certo é que Piteas estimou a circunferencia de Gran Bretaña cun 2'5% de erro, e hai evidencias que usou a Estrela polar. Estudou as mareas en Gades, e puido descubrir que a lúa era quen as causaba. Na súa viaxe visitou as Illas Británicas, Galia, as Orcadas, Noruega e as Shetlands e citou unha afastada terra denominada Thula, que algúns identificaron como unha das illas Casitérides, aínda que actualmente os investigadores inclínanse por pensar que é unha illa norueguesa ou mesmo Islandia. Na súa viaxe calculou a localización e distancia do coñecido como o cabo dos Ártabros.