Pinturas murais da conquista de Mallorca
Pinturas murais da conquista de Mallorca (en catalán: Pintures murals de la conquesta de Mallorca) están formadas por un conxunto de tres plafóns de frescos que forman parte dun ciclo narrativo sobre a conquista de Mallorca polo rei Xaime I de Aragón. Con estas pinturas decorouse unha sala do Palau Aguilar –anteriormente Palau Caldes e actualmente sede do Museo Picasso–, localizado na cidade de Barcelona. Están datados de entre 1285 e 1290 e foron realizados por un pintor anónimo chamado "mestre da conquista de Mallorca. Estes frescos foron descubertos en 1961 no Palau Aguilar e trasladados o ano seguinte, para a súa conservación, no Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona, onde se atopan na actualidade.
Pinturas murais da conquista de Mallorca | |
---|---|
Artista | Mestre da conquista de Mallorca |
Data | 1285-1290 |
Técnica | Fresco pasado a lenzo |
Localización | Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) |
Tanto os feitos representados coma as personaxes que participaron, que foron identificadas co rei Xaime I, Guillerme II de Bearn, o conde Nunó Sanç I de Rosselló e Cerdanya ou o bispo Berenguer de Palou de Barcelona, foron extraídos de dous das Catro grandes crónicas: o Llibre dels fets (ou Crònica de Jaume I, 1213-1276) e da Crònica de Bernat Desclot (ou Llibre del rei en Pere e dels seus antecessors passats, 1283-1288).[1]
Notas
editar- ↑ Pagès 1993: p. 202
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinturas murais da conquista de Mallorca |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Catálogo do MNAC (en catalán)