Pingüín gentoo
O pingüín gentoo (Pygoscelis papua) é un pingüín orixinario das Illas Malouines e da Antártida.
Pingüín gentoo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Baía Cooper, Territorios Marítimos de Ultramar. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pygoscelis papua' (Forster, 1781) | |||||||||||||||
![]() Distribución do pingüín gentoo
|
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Pygoscelis_papua_MHNT.ZOO.2010.11.43.17.jpg/220px-Pygoscelis_papua_MHNT.ZOO.2010.11.43.17.jpg)
Descrición
editarO pingüín gentoo mide entre 76 e 81 cm e pesa entre 4,5 e 8,5 kg. A súa plumaxe é branca no ventre e negra nas costas. Posúe un pico laranxa fino, sendo negro no comezo. Posúe dúas marcas brancas ao nivel das cellas. As ás teñen tamén unha banda branca.
Baixo a auga, este pingüín é o máis rápido de tódolos pingüíns (35 km/h).
Os pingüíns gentoo reprodúcense xeralmente en setembro. Poñen dous ovos, que son chocados durante 30 a 35 días.
Hábitat
editarA súa poboación está estimada en 300.000 individuos. Aniñan principalmente nas Illas Malouines.
Alimentación
editarO réxime alimenticio dos pingüíns gentoo esta composto principalmente por peixe, ás veces crustáceos.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Pygoscelis papua". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pingüín gentoo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pingüín gentoo |