Pingüín de Adelia
O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) é unha especie de pingüín que habita na costa antártica, recibe o seu nome pola Terra Adelia, que á súa vez leva o nome da dona do explorador francés Jules Dumont d'Urville o descubridor deses pingüíns en 1840.[2]
Pingüín de Adelia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Illa Rei Xurxo. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pygoscelis adeliae' (Hombron e Jacquinot, 1841) | |||||||||||||||
![]() Distribución do pingüín de Adelia
|
Descrición
editarCunha altura de 75 cm e peso de entre 3,8 e 6,8 kg[3] teñen dimorfismo sexual moi pronunciado. A súa marcas distintiva é un anel branco arredor de cada ollo e as longas plumas na base do peteiro que ocultan a maior parte da zona vermella do peteiro. O seu rabo é un pouco máis grande ca dos outros pingüíns.[4]
Distribución e hábitat
editarEstímabase que en 2014 había 3 790 000 [5] parellas nidificantes en 251 colonias, un aumento do 53% sobre o anterior censo completado vinte anos antes. As colonias da península Antártica declinaron pero o aumento na Antártida oriental compensa esas perdas. Durante a tempada de crianza congréganse en grandes colonias, algunha de máis dun cuarto de millón de parellas.[6]
Comportamento
editarAlimentación
editarAliméntanse principalmente de krill antártico e krill do xeo, peixes e luras glaciais. O krill pasou a ser o seu alimento principal desde hai 200 anos, coincidindo co declive das baleas e o aumento conseguinte do krill.[7]
Reprodución
editarArriban á zona de crianza en outubro-novembro, fan os seus niños con pedras, En decembro machos e femias altérnanse para alimentarse e criar e en marzo adultos e crías volven ao seu lugar de orixe.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Pygoscelis adeliae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Adélie, adj. and n. OED Online. Oxford University Press, March 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ Beau Riffenburgh (dir.), David Ainley et al., Encyclopedia of the Antarctic, vol. 1 : A-K, USA, 2007, p. 5
- ↑ Araya, Braulio; Millie, Guillermo (2005). Guía de campo de las aves de Chile (9a ed.). Editorial Universitaria. p. 78.
- ↑ "H. J. Lynch e M. A. LaRue (2014) First global census of the Adélie Penguin. The Auk: October 2014, Vol. 131, No. 4, pp. 457-466". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 03 de abril de 2015.
- ↑ Schwaller, M. R.; Southwell, C. J.; Emmerson, L. M. (2013). "Continental-scale mapping of Adélie penguin colonies from Landsat imagery". Remote Sensing of Environment 139: 353
- ↑ S.D. Emslie & W.P. Patterson (2007). "Abrupt recent shift in δ13C and δ15N values in Adélie penguin eggshell in Antarctica". Proceedings of the National Academy of Sciences 104 (28). pp. 11666–11669. PMC 1913849. PMID 17620620. doi:10.1073/pnas.0608477104.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pingüín de Adelia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pingüín de Adelia |
Ligazóns externas
editar- Birdlife Arquivado 06 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Photovolcanica (en inglés)
- Vídeo de exemplares xuvenís na illa Yalour