Pine Bluff
Pine Bluff é a capital do condado de Jefferson en Arcansas (Estados Unidos). A cidade tiña unha poboación de 49.083 habitantes segundo o censo de 2010 [1]. Localízase na sección sueste do estado, no delta de Arcansas á beira do río Arcansas, a súa topografía é plana, cun gran número de regatos e bayous nos seus arredores. A maior parte da poboación é afroamericana.
Lema | «City of Progress» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Arcansas | ||||
County of Arkansas (en) ![]() | Condado de Jefferson (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.253 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 16.808 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Pine Bluff metropolitan area (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 120,69298 km² ![]() | ||||
Auga | 4,3453 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Bañado por | Río Arkansas ![]() | ||||
Altitude | 67 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 8 de xaneiro de 1839 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Moeda | dólar estadounidense ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 71601–71603, 71601 e 71603 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 870 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bandō (1989–) ![]() | ||||
Sitio web | cityofpinebluff.com ![]() |
Historia
editarNo momento da chegada dos europeos o principal pobo nativo da rexión eran os quapaw, algúns comerciantes españois e franceses asentáronse na zona establecendo relacións comerciais e casaron con mulleres indíxenas, un fillo dunha destas relacións, Joseph Bonne estableceuse logo dunhas inundacións en 1819 nun outeiro (bluff en inglés) a uns quilómetros do asentamento quapaw, no lugar no que actualmente se levanta a cidade[2]. A partir de 1824 uníronse outras familias europeas. En 1829 a lexislatura estatal estableceu o condado de Jefferson, establecéndose en 1832 a súa capital no asentamento de Bonne, que a partir de outubro pasou a se denominar oficialmente Pine Bluff Town. Durante a Guerra Civil e como consecuencia da Proclamación de Emancipación na localidade instaláronse moitos refuxiados afroamericanos que fuxían da escravitude imperante na Confederación.
Notas
editar- ↑ Censo de 2010[Ligazón morta]
- ↑ "History of Pine Bluff". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial (en inglés)