Pilar Valero
baloncestista española
María Pilar Valero Cebrián, nada en Zaragoza o 27 de maio de 1970 e finada o 7 de novembro de 2022,[1][2] foi unha xogadora española de baloncesto, gañadora de seis ligas e catro copas, internacional coa selección e considerada unha das mellores xogadoras aragonesas.
Militou no club Celta Bosco, co que gañou dúas Ligas e unha Copa da Raíña nunha primeira etapa de cinco tempadas e despois regresou para xogar outras tres xa como ilustre veterana e retirarse aquí para pasar a formar parte do corpo técnico do hoxe seleccionador español, o vigués Miguel Méndez.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Alonso, Santi (2022-11-07). "Pilar Valero muere y deja desolado al Celta". Consultado o 2022-11-08.
- ↑ "La histórica jugadora de baloncesto Pilar Valero fallece con 52 años". Aragondigital.es. 7 de novembro de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2022.