Pierre Joseph Tiolier
Pierre Joseph Tiolier, nado en Londres, Inglaterra, o 15 de marzo de 1763 e finado en Bourbonne-les-Bains, no departamento francés do Alto Marne, o 27 de xuño de 1819, foi un gravador, medallista e deseñador de moeda francés, o décimo quinto en ocupar o posto de Gravador Xeral de Moedas (Graveur Général des Monnaies).[1][2][3]
Nome orixinal | (fr) Pierre-Joseph Tiolier |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de marzo de 1763 Londres, Reino Unido |
Morte | 27 de xuño de 1819 (56 anos) Bourbonne-les-Bains, Francia |
Cargos | |
Gravador xeral de moedas de Francia | |
Período | 1803 – 1816 |
Antecesor | Augustin Dupré |
Sucesor | Nicolas Pierre Tiolier |
Actividade | |
Ocupación | escultor, medallista |
Familia | |
Cónxuxe | Marie-Marguerite Grosos |
Fillos | Nicolas Pierre Tiolier |
Traxectoria
editarVida familiar
editarProveniente dunha familia acomodada auvernesa, Pierre Joseph Tiolier foi o máis novo de, polo menos, catorce irmáns. Na súa familia había avogados, homes de negocios, médicos, cregos e funcionarios. O seu pai, Joseph Tiolier, era un mestre confeiteiro.[4]
Formouse no gravado de cuños da man do seu irmán político, Benjamin Duvivier, o décimo terceiro Gravador Xeral de Moedas.[1][2][3][4]
Gravador de moedas
editarExerceu o cargo de "controlador de cuñaxe" na Casa de Moeda de París desde o 14 de decembro de 1795 ata o seu nomeamento como Gravador Xeral de Moedas, o 1 de abril de 1803, por parte do Primeiro Cónsul, en substitución de Augustin Dupré.[4][5][6]
Tiolier encargouse do deseño e da gravación dos cuños das moedas máis significativas de prata e de ouro do período de Bonaparte como Primeiro Cónsul e tamén, en grande medida como Emperador. Nas series de prata amósase, baixo o busto dos anversos, o apelido completo de Toilier rubricado, en tanto que nas de ouro o apelido aparece abreviado como TR. Tamén cómpre mencionar o seu deseño e a gravación dos cuños das moedas de 5 francos a nome de Lois XVIII (1814-1815).[1]
Por outra banda, a el confiáronselle, así mesmo, as cuñaxes napoleónicas de Xénova, de Xenebra, o Reino de Westphalia, Roma, Turín e Utrecht.[1]
En 1816 dimitiu en beneficio do seu fillo Nicolas Pierre Tiolier.[2] Nese mesmo ano, concedéuselle a Cruz de San Miguel.[1]
Gravador de medallas
editarPierre Joseph Tiolier adquiriu tamén repercusión como medallista, con creacións entre as que se poden salientar as seguintes:[1]
- 1798: Fundación da Loxa do Océano de Francia.
- 1815: Carlos Filipe Conde de Artois. Homenaxe da Garda Nacional.
- 1804: Coroación de Napoleón I.
- 1801: Visita do embaixador de Rusia á ceca de París.
- 1802: Sociedade para a Promoción da Industria.
- 1803: Cámara de Comercio de Bordeos.
- 1805: Tribunal de Primeira Instancia.
- 1806: Avogados do Tribunal de Apelación.
- 1807: Manufactura da Rúa Martel.
- 1810: Visita dos reis de Baviera á ceca de París.
- 1807: Medallón de James Smithson.[7]
Galería
editarTodas estas moedas amosan a sinatura de Pierre Joseph Tiolier no exergo do anverso, baixo o busto do rei.
-
1 franco da República Francesa do ano 12.
-
2 francos do Imperio Francés (1815).
-
Anverso dun napoleón de 20 francos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Forrer, L. (1916). "Tiolier, Pierre Joseph". Páxinas 102-106
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Weber, F. P. (1907). Páxina 259.
- ↑ 3,0 3,1 "Graveurs Généraux Français Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". En La Numismatique de France, étrangère et antique.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Théret, P. (2014). "Tiolier Pierre-Joseph Arquivado 13 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
- ↑ Barre, A. (1867).
- ↑ Théret, P. (2014). "Contrôleur du monnayage Arquivado 17 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
- ↑ Ewing, H. (2008). Páxina 279.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pierre Joseph Tiolier |
Bibliografía
editar- Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. París.
- Forrer, L. (1916). Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 6. Spink & Son. Londres.
- Heather, E. (2008). The Lost World of James Smithson: Science, Revolution, and the Birth of the Smithsonian. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-59691-779-8
- Théret, P. (2014). "Tiolier Pierre-Joseph Arquivado 13 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En Augustin Dupré: Les monnaies décimales. Amisdufranc.org.
- Weber, F. P. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En The Numismatic Chronicle. Serie 4. Vol VII. Royal Numismatic Society. Londres.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Pier-Joseph Tiolier Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". En Répertoire de Sculpture Française.
Predecesor: Augustin Dupré |
Gravador xeral de moedas de Francia 1803 - 1816 |
Sucesor: Nicolas Pierre Tiolier |