Picafollas bilistado
O picafollas bilistado[2] (Phylloscopus inornatus) é un paseriforme da familia Phylloscopidae que se reproduce no leste do Paleártico. Este picafollas é fortemente migratorio e inverna no sur de Asia tropical e sueste asiático, mais tamén en pequeno número no oeste de Europa. Igual que o resto dos filoscópidos, estaba anteriormete incluído na ensamblaxe dos sílvidos do Vello Mundo.[3]
Picafollas bilistado | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar na migración de outono en Bruxelas, Bélxica | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución de P. inornatus Reprodutores De paso Non reprodutores
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Regulus inornatus Blyth, 1842 |
Anteriormente considerábase que tiña tres subespecies, pero P. i. humei e P. i. mandellii foron agora separadas para formar con ambas unha especie con categoría propia co nome P. humei, deixando a P. inornatus como monotípica. As dúas especies irmás difiren lixeiramente pero de forma consistente en morfoloxía, bioacústica e caracteres moleculares.[4][5][6][7]
Taxonomía
editarO picafollas bilistado foi descrito polo zoólogo inglés Edward Blyth en 1842 que lle deu o nome binomial Regulus inornatus.[8][9] O nome actual do xénero Phylloscopus procede do grego antigo phullon, 'folla' e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'ver'). O termo específico inornatus é a palabra latina para 'sinxelo, sen adorno'.[10]
Descrición
editarÉ un dos picafollas do Vello Mundo máis pequenos, de 9,5–11 cm de longo e un peso de 4–9 g claramente máis pequeno que o picafollas europeo, pero lixeiramente maior que o Phylloscopus proregulus. Como moitos outros picafollas, ten partes superiores esencialmente verdosas e partes inferiores brancas. Tamén ten barras alares prominentes formadas polas puntas brancas amareladas das plumas cobertoiras das ás (unha barra longa sobre as cobertoiras máis grandes e unha barra curta nas cobertoiras medianas), plumas terciarias con marxe amarelado, e unha longa lista superciliar amarela. Algúns individuos teñen tamén unha banda central na coroa verde máis clara, aínda que moitos non a presentan.[3][5][11]
Non é tímido, pero o seu estilo de vida arbórea fai que sexa difícil de observar. Esta case constantemente en movemento. A súa canción é unha mestura de asubíos moi agudos; a chamada é penetrante, a miúdo un "tsiiwiist" disilábico, sorprendentemente alto para un paxaro dese pequeño tamaño. A única posibilidade real de confusión é coa especie de aspecto similar P. humei, que na limitada área na que se solapan ten cores máis claros, unha segunda barra alar pouco marcada e patas e mandíbula inferior escuras. As súas cancións e chamadas son claramente distintas, xa que P. humei ten unha chamada tipo "chwii" máis trilante. Pode distinguirse doadmente do P. proregulus porque non ten a conspicua banda central amarela na coroa e a área do sobrecú que presenta esa especie.[3][5]
Ecoloxía e distribución
editarComo a maioría dos paxaros similares a sílvidos, é un insectívoro. Constrúe o niño en vexetción densa, a miúdo na base ou no toco vello dunha árbore; pon de 2 a 4 ovos (por veces máis), que eclosionan despois de 11–14 días, e os polos empluman aos 12 ou 13 días de idade.[3]
Este é unha ave abundante de terras baixas e bosques de montaña e outros bosques; especialmente en inverno pode tamén atoparse en bosques máis abertos. A súa área de reprodución esténdese desde o oeste dos Montes Urais ata o leste de Siberia, Mongolia e norte da China. O seu hábitat de inverno son as terras baixas con bosques caducos ou de coníferas, desde Bengala Occidental e Assam no nordés da India e cara ao leste a través do sur da China ata Taiwan, e a través de Bangladesh cara ao sur ata a Península de Malaca. En verán aparece en altitudes de ata 2.440 m, e en inverno, de ata 1.525 m.[3]
A poboación reprodutora europea ao oeste dos Urais incrementouse en dirección oeste nas últimas décadas; en 1950 era descrita como "bastante escasa", pero "localmente abundante", pero tiña 45.000–46.000 parellas en 1990.[11]
En pequeno número, máis probablemente desde o extremo oeste da súa área de reprodución, inverna habitualmente no oeste de Europa. Estes exemplares chegan a Gran Bretaña a finais de setembro e outubro despois de facer unha migración de 3.000–3.500 km desde os Urais, unha distancia claramente máis curta que os 5.500–6.000 km que necesitarían voar para chegar ás súas áreas normais de invernada no sueste de Asia. Non se coñece o número exacto de exemplares desta poboación, pero normalmente varios centos chegan a Gran Bretaña en outono; e, dado o seu comportamento discreto, isto é probablemente só unha fracción do total. No pasado estes paxaros eran xeralmente considerados vagantes, pero agora pénsase que están realizando unha migración regular normal, aproveitando os invernos suaves do clima oceánico das marxes occidentais de Europa para pasaren o inverno.[12]
Como é unha especie común na maioría da súa ampla área, o picafollas bilistado non é considerado pola IUCN como ameazado.[13]
O P. humei solápase na súa área de reprodución co picafollas bilistado no oeste das Montañas Sayan, mais estas especies aparentemente non se hibridan. As súas liñaxes diverxeron aproximadamente hai 2,5 millóns de anos.[14]
Notas
editar- ↑ BirdLife International. (2019). "Phylloscopus inornatus" 2019: e.T22715310A146638886. doi:10.2305/IUCN.UK.2019-3.RLTS.T22715310A146638886.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Hoyo, J. del; et al., eds. (2006). Handbook of the Birds of the World, vol. 11. Barcelona: Lynx Edicions. p. 660. ISBN 84-96553-06-X.
- ↑ Alström & Olsson (1988), Shirihai & Madge (1993), Irwin et al. (2001), Sangster et al. (2002)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Svensson, L., Mullarney, K., & Zetterström, D. (2010). Collins Bird Guide, 2ª ed. HarperCollins ISBN 978-0-00-726814-6.
- ↑ Cheng Tso-hsin (1987). A Synopsis of the Avifauna of China. Science Press, Beijing ISBN 3-490-12518-5.
- ↑ e.g. King, B., Woodcock, M., & Dickinson, E. C. (1975). A Field Guide to the Birds of South-east Asia. Collins ISBN 0-00-219206-3.
- ↑ Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1986). Check-list of Birds of the World. Volume 11. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 240.
- ↑ Blyth, Edward (1842). "Notes on various Indian and Malaysian birds". Journal of the Asiatic Society of Bengal 11 (1): 191.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 205, 305. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 11,0 11,1 Snow, D. W.; Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic (Concise ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-854099-X.
- ↑ Gilroy, J. J.; Lees, A. C. (2003). "Vagrancy theories: are autumn vagrants really reverse migrants?". British Birds 96: 427–438.
- ↑ BLI (2008)
- ↑ Ernst (1996), Irwin et al. (2001)
Véxase tamén
editarBibliografía
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picafollas bilistado |
- Alström, Per; Olsson, U (1988). "Taxonomy of Yellow-browed Warblers". Br. Birds 81: 656–657.
- Ernst, S. (1996): Zweiter Beitrag zur Vogelwelt des Östlichen Altai ["Second contribution regarding the avifauna of the Sayan Mountains"]. Mitteilungen aus dem Zoologischen Museum Berlin 72, Suppl. Ann. Ornithol. 20: 123–180 [en alemán].
- Inskipp, Carol; Inskipp, Tim & Sherub (2000): The ornithological importance of Thrumshingla National Park, Bhutan. Forktail 14: 147–162.
- Irwin, D.E.; Alström, Per; Olsson, U.; Benowitz-Fredericks, Z.M. (2001). "Cryptic species in the genus Phylloscopus (Old World leaf warblers)" (PDF). Ibis 143 (2): 233–247. doi:10.1111/j.1474-919X.2001.tb04479.x.
- Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J.; Parkin, David T. (2002). "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159. doi:10.1046/j.0019-1019.2001.00026.x.
- Shirihai, H.; Madge, S. (1993). "Identification of Hume's Yellow-browed Warbler". Birding World 6: 439–443.