Piaras Béaslaí
Piaras Béaslaí, nado en Liverpool o 15 de febreiro de 1881 e finado en Dublín o 22 de xuño de 1965, foi un político, xornalista e escritor irlandés.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1881 ![]() Liverpool, Reino Unido ![]() |
Morte | 22 de xuño de 1965 ![]() Dublín, Irlanda ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Glasnevin ![]() |
![]() | |
9 de setembro de 1922 – 9 de agosto de 1923 (disolución do parlamento) Lexislatura: 3ª lexislatura da Dáil Eireann Circunscrición electoral: Kerry–Limerick West (en) ![]() Electo en: eleccións xerais de Irlanda de 1922 | |
![]() | |
16 de agosto de 1921 – 8 de xuño de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 2ª lexislatura da Dáil Eireann Circunscrición electoral: Kerry–Limerick West (en) ![]() Electo en: eleccións xerais de Irlanda de 1921 | |
![]() | |
21 de xaneiro de 1919 – 10 de maio de 1921 (disolución do parlamento) Lexislatura: 1ª lexislatura da Dáil Eireann Circunscrición electoral: East Kerry (en) ![]() Electo en: eleccións xerais de Irlanda de 1918 | |
Membro do 31º Parlamento do Reino Unido | |
14 de decembro de 1918 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 31º Parlamento do Reino Unido (pt) ![]() Circunscrición electoral: East Kerry (en) ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | St Francis Xavier's College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres ![]() |
Ocupación | lingüista, tradutor, biógrafo, político, editor literario ![]() |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Thom's Irish Who's Who (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/59/Portrait_of_Piaras_B%C3%A9asla%C3%AD_1919.jpg/220px-Portrait_of_Piaras_B%C3%A9asla%C3%AD_1919.jpg)
Traxectoria
editarNado Percy Frederick Beazley[2] en Inglaterra de pais irlandeses, o seu pai era Patrick Langford Beazley, editor do semanario The Catholic Times durante 40 anos e Piaras educouse nun colexio xesuíta. Na súa mocidade interesouse por aprender irlandés con libros de texto e revistas e máis tarde formou parte da Liga Gaélica de Liverpool. En 1900 entrou na redacción do xornal local Wallasey News. En 1905 estableceuse en Dublín e traballou como xornalista independente, colaborando con Irish Peasant, Irish Independent, Express, Evening Telegraph, mantendo media columna diaria en irlandés en Freeman’s Journal.[3] En 1907 representouse a súa primeira obra teatral, Cormac na Coille, escrita o ano anterior.
Integrante de Bráithreachas na Poblachta, foi un dos fundadores da revista da organización, Irish Freedom.[4] Apoiou ao sector nacionalista, con Richard Mulcahy ou Patrick Pearse da Liga Gaélica, axudando a forzar a saída en 1915 do seu fundador Douglas Hyde, reticente á politización do movemento. Béaslaí participou no Alzamento de Pascua e estivo na cadea ata xuño de 1917. Máis tarde Béaslaí foi editor do períodico do Exército Republicano Irlandés, An tÓglach, e do períodico da Liga Gaélica. Resultou elixido nas eleccións xerais de 1918 como deputado do Sinn Féin pola circunscrición de Kerry oriental.[5] En xaneiro de 1919, os deputados do Sinn Féin elixidos nesas eleccións para Westminster negáronse a recoñecer o Parlamento do Reino Unido e na vez realizaron unha asemblea en Mansion House de Dublín como un parlamento revolucionario nacional chamado Dáil Éireann, que as autoridades británicas declararon ilegal e que coincidiu co comezo da Guerra de Independencia irlandesa, durante esta foi director de publicidade do exército. Tras a guerra presentouse pola circunscrición de Kerry–Limerick occidental. para as eleccións de 1921 como membro do Dáil e foi reelixido nas de 1922 como candidato pro-Tratado do Sinn Féin. Non se presentou ás eleccións de 1923 e dedicou os seus últimos anos á literatura, escribiu un libro de memorias, Michael Collins and the Making of a New Ireland, publicado en Dublin en 1926.
Obra
editarTeatro
editar- Cormac na Cuille, 1909
- Fear na Milliún Punt, 1915
- Cliuche Cartaí, 1920
- An Danar, 1929
- An Sgaothaire, 1929
- An Bhean Chródha, 1931
- Beirt na Bodhaire Bréige, 1936
- An Fear as Buenos Aires, 1936
- Cúigeas , 1936
- Blúire Páipéir, 1937
Poesía
editar- Bealtaine 1916
Narrativa
editar- Astronár, 1928 (novela)
- Earc agus Áine agus sćealta eile, 1946 (relatos)
Ensaio
editar- Michael Collins and the Making of a New Ireland, 2 vols., 1926
- Michael Collins: Soldier and Statesman, 1937
- The Story of the Catholic Commercial Club, 1881-1954, 1957
Notas
editar- ↑ Coogan, Tim Pat (1991). Michael Collins. Arrow Books. pp. 98–99. ISBN 0-09-968580-9.
- ↑ National Library of Ireland (ed.). "Piaras Béaslaí Papers" (PDF).
- ↑ Collection List 44. Piaras Béaslaí Papers. National Library of Ireland
- ↑ Flanagan, Frances Remembering the Revolution: Dissent, Culture, and Nationalism in the Irish Free State, Oxford: Oxford UP, 2015, p. 88
- ↑ "Mr. Piaras Béaslaí". Oireachtas Members Database.