Peter Prescott
músico estadounidense
Peter Prescott (nado o 26 de outubro de 1957 en Nantucket, Massachusetts) é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda de Boston Mission of Burma.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1957 ![]() Nantucket, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Instrumento de percusión ![]() |
Ocupación | batería, músico ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Despois de que a banda se separase en 1983, Prescott seguiu activo na escena musical da cidade, formando Volcano Suns e posteriormente Kustomized e The Peer Group. Dende o regreso de Mission of Burma no ano 2004, Prescott adicouse ás súas vellas tarefas cos seus compañeiros Roger Miller e Clint Conley.