Pesca con explosivos
A pesca con explosivos é unha práctica pesqueira consistente en facer detonar explosivos para aparvar ou matar cardumes de peixes e facilitar así a súa captura.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/ca/%E0%B4%A4%E0%B5%8B%E0%B4%9F%E0%B5%8D%E0%B4%9F%E0%B4%AF%E0%B4%BF%E0%B4%9F%E0%B5%8D%E0%B4%9F%E0%B5%81%E0%B4%B3%E0%B5%8D%E0%B4%B3_%E0%B4%AE%E0%B5%80%E0%B5%BB_%E0%B4%AA%E0%B4%BF%E0%B4%9F%E0%B5%81%E0%B4%A4%E0%B5%8D%E0%B4%A4%E0%B4%82.jpg/220px-%E0%B4%A4%E0%B5%8B%E0%B4%9F%E0%B5%8D%E0%B4%9F%E0%B4%AF%E0%B4%BF%E0%B4%9F%E0%B5%8D%E0%B4%9F%E0%B5%81%E0%B4%B3%E0%B5%8D%E0%B4%B3_%E0%B4%AE%E0%B5%80%E0%B5%BB_%E0%B4%AA%E0%B4%BF%E0%B4%9F%E0%B5%81%E0%B4%A4%E0%B5%8D%E0%B4%A4%E0%B4%82.jpg)
Características
editarEste tipo de pesca, a miúdo considerada ilegal, pode ser extremadamente destrutiva para o ecosistema mariño, pois as explosións destruen o hábitat subxacente, por exemplo, os arrecifes de coral. Ademais, a propia natureza dos explosivos implica un alto grao de perigo para os propios pescadores, quen están expostos a accidentes, mutilacións ou mesmo a morte por artefactos defectuosos ou o mal cálculo da detonación.