Periklis Pierrakos-Mavromichalis
Periklis Pierrakos-Mavromichalis (en grego Περικλής Πιερράκος Μαυρομιχάλης), nado en 1863 e finado en 1938, foi un militar, político e tirador de esgrima.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1863 ![]() Laconia, Grecia ![]() |
Morte | 1938 ![]() Atenas, Grecia ![]() |
![]() | |
Circunscrición electoral: Q26221386 ![]() | |
Minister of Military Affairs of Greece (en) ![]() | |
Greek Minister of the Interior (en) ![]() | |
Member of the Senate of Greece (en) ![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, esgrimista, militar ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Nacionalidade deportiva | Grecia ![]() |
Deporte | esgrima ![]() |
Participou en | |
1896 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1896 - Florete masculino (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Mavromichalis (pt) ![]() ![]() |
Pai | Antonis Mavromichalis ![]() |
Traxectoria
editarFillo do xeneral Antonios Mavromichalis, dunha recoñecida familia, os Mavromichalis, de guerreiros orixinarios da península de Mani. Seguindo a tradición Periklis entrou na Academia Militar, saíndo como oficial de cabalería; experto esgrimista participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas [1], gañando a medalla de bronce na proba de florete afeccionado, na rolda preliminar tivo dúas vitorias e unha derrota, perdendo contra Henri Callot, que acabou quedando segundo, e derrotando a Henri Delaborde e Ioannis Poulos. Ao ano seguinte loitou na Guerra Greco-Turca co grao de subtenente, combatendo tamén nas Guerras balcánicas, a primeira guerra mundial, xa como tenente coronel, e máis tarde na Campaña de Asia Menor co rango de tenente xeneral comandando o segundo corpo do exército. Aliado con Nikolaos Plastiras durante a revolución de setembro de 1922 que obrigou a abdicar o rei Constantino I foi ministro do interior no goberno militar de Stilianos Gonatas desde novembro de 1922 ata xaneiro de 1923 cando pasou a ocupar a carteira do exército, en xuño de 1923 tras o cesamento do xeneral Theodoros Pangalos asumiu o comando do exército en Macedonia e Tracia. Foi elixido senador para o período 1929-1932. Foi tamén presidente do Athens Club (1932-1938).
Notas
editar- ↑ "Perikles Pierrakos-Mavromichalis Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 2010-03-31.