Perfecto Dávila Ubeira
Perfecto da Vila Ubeira ou Perfecto Dávila Ubeira, finado en Vigo en 1934, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 1934 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Traxectoria
editarMestre interino no Rosal, foi recoñecido como propietario en 1915.[1] Foi mestre de Bembribe (Lavadores) en 1916,[2] de Cadrelo (Marín) en 1918,[3] e mestre propietario de Matalobos (A Estrada) en outubro de 1919.[4] Solicitou a excedencia a finais de 1919.[5] Practicante en Pontevedra, foi nomeado secretario da Asociación de practicantes da provincia de Pontevedra en abril de 1919,[6] e en outubro dese ano foi comisionado para unha viaxe de propaganda polo país para constituír a a Federación Regional Galega de Practicantes.[7] En 1922 reintegrouse ao maxisterio e foi nomeado mestre de Saxamonde (Redondela).[8] Foi un dos fundadores do PCE e o primeiro secretario da Federación Comunista de Galicia en 1923. Volveu solicitar a excedencia do maxisterio en 1927.[9] Ao ano seguinte foi elixido secretario do Colexio de Practicantes de Vigo.[10] Formou parte da candidatura comunista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia da Coruña encabezada por José Silva Martínez.[11][12] O 23 de agosto de 1931 foi elixido presidente do raio comunista de Vigo,[13] continuando no posto até a súa morte a principios de 1934.[14]
Notas
editar- ↑ El Noticiero Gallego, 4-6-1915, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 18-10-1916, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-5-1919, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 31-10-1919, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-1-1920, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 14-4-1919, p. 3.
- ↑ El Progreso, 3-10-1919, p. 1.
- ↑ El Correo de Galicia, 26-3-1922, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-11-1927, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1928, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-6-1931, p. 4
- ↑ Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 13-7-1931, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-8-1931, p. 5
- ↑ "Desde Vigo. Ha muertro un gran luchador", La Lucha, 13, 23-1-1934.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 105. ISBN 978-84-8485-079-3.