Percy Williams Bridgman

físico estadounidense

Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e finado en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

Modelo:BiografíaPercy Williams Bridgman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1961 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Randolph, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBridgman Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Newton North High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseWallace Clement Sabine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosRobert Oppenheimer Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEdwin C. Kemble (pt) Traducir e John Clarke Slater (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlive Ware Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бриджмен Перси Уильямс)
Obálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.45) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bridgman-340 Find a Grave: 215250273 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou física na Universidade Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.

Suicidouse logo de serlle diagnosticado un cancro.

Investigacións científicas

editar

En 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².

Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.

En 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.

Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 °C obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar