Pércidos
Os pércidos (Percidae), comunmente percas, son unha familia de peixes propios de augas doces e salobres, incluídos na orde dos Perciformes. Están distribuídos por todo o hemisferio Norte.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/91/Perca_fluviatilis.jpg/300px-Perca_fluviatilis.jpg)
Inclúe especies tan coñecidas como a perca común (Perca fluviatilis).
Características
editarCorpo alargado, algo oblongo e comprimido, con escamas ctneoideas. Boca grande, terminal ou subterminal, co premaxilar protráctil ou non e varias filas de dentes afiados.
Dúas aletas dorsais: a primeira con 6-15 espiñas e a segunda con raios brandos ramificados; a aleta anal é oposta á segunda dorsal, con dúas espiñas; pelvianas en posición torácica, cunha espiña e 5 raios brandos; caudal algo fendida.
O talle máximo rexistrado é de 100 cm (Sander lucioperca).
Clasificación
editarComprenden dez xéneros e unhas 200 especies:
- Xénero Ammocrypta
- Xénero Crystallaria
- Xénero Etheostoma
- Xénero Gymnocephalus
- Xénero Perca
- Xénero Percarina
- Xénero Percina
- Xénero Romanichthys
- Xénero Sander
- Xénero Zingel
Galería de imaxes
editar-
Perca fluviatilis
-
Perca flavescens
-
Percina kathae
-
Sander lucioperca
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pércidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pércidos |