Xuvenil
O período xuvenil dun organismo dun individuo é aquel no que aínda non acadou a idade adulta, a madurez sexual ou o tamaño adulto. Os xuvenís[1] adoitan ter un aspecto moi diferente das formas adultas, especialmente en canto á súa cor. En moitos organismos os xuvenís teñen un nome diferente ao dos adultos. Por exemplo larvas e imago.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/01/Pinus_pinea_foliage.jpg/220px-Pinus_pinea_foliage.jpg)
Algúns organismos alcanzan a madurez cunha metamorfose curta como a eclosión de moitos insectos. Noutros a transición é máis longa, por exemplo coa puberdade.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/63/Wildsau_mit_Frischling.jpg/220px-Wildsau_mit_Frischling.jpg)
En plantas como as mudas de oliveira, o período xuvenil esténdese durante case 10 anos e en cambio se proceden de estacas de enxerto acúrtase a un par ou tres anos. Na oliveira as pólas xuvenís teñen máis aptitude para enraizar.
Os carballos tardan uns 50 anos en facer unha landra.
O piñeiro carrasco pode facer piñas aos 10 anos, pero non producen piñas fértiles até os 15 anos.
Notas
editar- ↑ "bUSCatermos ; Xuvenil". aplicacions.usc.es. Consultado o 25 de abril de 2022.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xuvenil |