Pepa Noia
Josefina García, máis coñecida como Pepa Noia, nada en Buenos Aires o 6 de xullo de 1921 e finada na mesma cidade o 31 de agosto de 2015, foi unha muller de orixe galega[1] coñecida polo seu activismo dentro das Nais da Praza de Maio[2], asociación da que foi unhas das fundadores e que ten por obxectivo reclamar xustiza pola desaparición dos seus fillos pola acción da ditadura militar na Arxentina.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1921 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 31 de agosto de 2015 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Membro fundador Nais de Praza de Maio | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | activista ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarEstaba, dende os vinte anos, casada con Juan Carlos Noia, do que tomou o apelido e co que tivo catro fillos. A terceira, María Lourdes, psicóloga e docente, foi secuetrada en 1976, así como tamén o seu compañeiro sentimental, Enrique Mario Mezzadra, liberado o 21 de outubro dese ano. O fillo da parella, de ano e medio de idade, quedou entón ao coido da avoa. Ao longo de catro décadas de busca, Pepa Noia apenas logrou recadar datos sobre a desaparición da súa filla a cargo da Xunta militar.
En 2010 foi distinguida como cidadá ilustre de Buenos Aires.
Notas
editar- ↑ Morre Pepa Noia, a galega fundadora de Madres de Plaza de Mayo Arquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza.
- ↑ O 30 de abril de 1977 Pepa Noia foi a primeira en chegar á Praza de Maio.