Pembroke (en galés: Penfro) é unha comunidade de 7552 habitantes[1], antiga sede do do condado de Pembrokeshire, no oeste de Gales. Sitúase no sur da liña Landsker que separa a área de lingua galesa, ao norte, da anglofalante no suroeste galés, onde o inglés é a lingua da poboación desde hai séculos e coñecido en galés como Sir Benfro Saesneg (Pembrokeshire inglés)[2], aínda así 16,4% da poboación amosa coñecementos de galés, e un 10,6% afirman que poden falalo[3], con altas incidencias nos menores de 25 anos[4]. No castelo de Pembroke, construído polo normando Roger de Montgomerie durante a invasión normanda de Gales naceu Henrique VII de Inglaterra.