Pelote
O pelote era unha túnica sen mangas utilizada durante a baixa idade media, sobre a saia ou o brial. Popularizouse na Península Ibérica a comezos do século XIII, lugar desde o que se estendeu o seu uso ao resto de Europa.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/87/Luttrell1_detail_woman.jpg/120px-Luttrell1_detail_woman.jpg)
Descrición
editarO pelote tiña forma de túnica sen mangas, con dúas aberturas nos laterais polas que se introducían os brazos. Estas aberturas eran de diferente tamaño, os de época mais antiga tiñan aberturas mais reducidas e nos mais modernos chegaban debaixo da cadeira, permitindo ver gran parte da peza de roupa interior. Asegurábase cun cinto, e nalgúns casos presentábase cun encordado para axustalo.
Era empregado tanto por homes como por mulleres, o modelo masculino chegaba até o xeonllo e o feminino até os pés. Tamén era empregado por todas as clases socias variando só no material co que estaba feito, desde liño até sedas bordadas con peles de animais.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- La indumentaria medieval en el siglo XIII - Alba Gutiérrez Molinero
- Guía de indumentaria medieval masculina (1168-1220)Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine. - Carlos Miguel Polite Cavero.
- Guía de indumentaria medieval femenina (1170-1230)Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine. - Alberto Carnicero Cáceres.
Ligazóns externas
editar- Reprodución da vestimenta de Berenguela de Barcelona. - Autoria: Pinaki Studios.