Pedro Varela Ulloa
Pedro Benito José Sánchez Varela Ulloa Noguerol, nado en Vilareda (Palas de Rei) o 9 de xaneiro de 1737 e finado en Aranjuez o 10 de xuño de 1797, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1737 Vilareda, España |
Morte | 10 de xuño de 1797 (60 anos) Aranjuez, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFillo de Pedro Antonio Joseph Ventura Sánchez Varela Ulloa, comisario de provincia de Mariña en Pontevedra, e Teresa Noguerol Varela. Foi subdelegado da Xunta Xeral do Comercio e Moeda de Pontevedra. En 1795 era conselleiro de Estado, sendo ministro gobernador do Consello de Indias. O rei Carlos IV nomeouno, logo de desempeñar o cargo de secretario de Mariña durante os anos de 1795 e 1796, secretario de Estado e do despacho universal de Facenda o 28 de outubro de 1796. Permaneceu no posto ata o momento do seu pasamento, acontecido o 10 de xuño de 1797. Foi membro da Real Academia da Historia dende 1782, acadando o cargo de Tesoureiro; cabaleiro da Real e distinguida Orde de Carlos III; do Consello da Súa Maxestade; e membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
Vida persoal
editarCasou en Madrid coa súa sobriña María Escolástica Flórez Varela, filla da súa irmá Vicenta.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Perona Tomás, Dionisio A. (2018). "Pedro Sánchez Varela y Ulloa". Diccionario Biográfico Español. Real Academia da Historia.