Pedro Núñez Vela
Pedro Núñez Vela, nado en Ávila no século XVI, foi un escritor humanista e filósofo luterano do Século de Ouro, que tivo que expatriarse en Suíza.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI Ávila, España |
Morte | século XVI |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarGran coñecedor do grego, do hebreo e do latín, e estudoso da Filosofía de Aristóteles, Cicerón, Epicuro e Lucrecio; seguiu a fondo as ideas do francés Pierre de la Ramée, máis coñecido como Petrus Ramus e foi un furioso antiaristotélico e participante desta opinión xunto con outros ilustres pensadores do seu tempo, como Hernando Alonso de Herrera, Juan Núñez de Valencia ou Francisco Sánchez, o Escéptico. En 1548 xa se trasladou a Suíza, onde ensinou grego na famosa Academia de Lausana; Teodoro de Beza substitúeo ao ano seguinte, pero alí permaneceu ensinando grego polo menos até 1570, cando se ten noticia de que recibiu con alegría a Petrus Ramus e propúxolle con outros profesores que dese clases públicas da súa nova Dialéctica, con aprobación de moitos, e (escribe o biógrafo de Ramus J. Thomas Freigius)ː
- Sobre todo Núñez, que foi máis libre no xuízo e antepuxo a odiada Lóxica de Ramus ante todos os preceptos de Aristóteles.
Ramus confirma nunha carta escrita desde Lausana en agosto de 1570 a boa acollida dos profesores de Lausana, aínda que non fala en particular de Núñez.
Obra
editarAs súas obras máis importantes foron Poematum latinorum et graecorum (1570) e Disputationum logicarum libri tres (1578).
- Dialéctica, libro III.
- De ratione interpretandi aliorum scripta, liber I.
- Poematum latinorum et graecorum, libri duo (Basileae, 1570, apud Petrum Pernam, dedicado ao Senado de Basilea.
Notas
editar- ↑ Botas, Vicente Bécares (2006). "Pedro Núñez Vela, helenista y heterodoxo: documentos nuevos". Silva: Estudios de humanismo y tradición clásica (5): 7–19. ISSN 1579-7392.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Pedro Núñez Vela |
Bibliografía
editar- Marcelino Menéndez Pelayo: Historia de los heterodoxos españoles.