Pedro Mariño de Lobeira Lemos

Pedro Mariño de Lobeira Lemos, nado en Pontevedra en 1618 e finado na mesma cidade en 1649, foi un nobre galego do século XVII da Casa Mariño de Lobeira. Non se debe confundir con Pedro Mariño de Lobeira, escritor pontevedrés do século XVI.

Modelo:BiografíaPedro Mariño de Lobeira Lemos
Biografía
Nacemento1618 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1649 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Familia
FillosAntonio Mariño de Lobeira, Fernando Antonio Mariño de Lobeira Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pertencente á baixa nobreza galega, era o señor da Serra de Outes e controlaba o territorio da marxe setentrional da ría de Muros e Noia.

Casado coa importante nobre Benita Andrade Soutomaior, tivo catro fillos, entre eles o morgado Fernando Antonio Mariño de Lobeira e o militar Antonio Mariño de Lobeira.