Pedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa

militar español

Pedro Mariño de Camba Soutomaior e Ulloa, nado en Insua (Taboada), foi un militar galego, que en 1678 foi nomeado gobernador da provincia de Costa Rica, cargo que rexeitou.

Modelo:BiografíaPedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa
Biografía
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Taboada,[1] sendo fillo de Juan Mariño Goyanes de Sotomayor e Antonia Taboada Somoza. Ingresou no exército o 30 de setembro de 1641 e serviu durante 33 anos. Tras pasar anos na fronteira de Estremadura, foi tenente de cabalos coiraza en Sevilla e acadou o grao de capitán de cabalos coiraza.

En 1678 foi incluído nunha lista preseleccionada do Consello de Indias para o cargo de corrixidor de Ica, pero non resultou elixido. O 3 de agosto de 1678 o rei Carlos II nomeouno gobernador de Costa Rica, en substitución de Juan Francisco Sáenz Vázquez de Quintanilla y Sendín de Sotomayor, pero declinou o cargo, sendo nomeado no seu lugar Pedro de Balbín y Busto.

Vida persoal

editar

Casou en Fuente del Maestre o 19 de outubro de 1653 con Catalina Zambrano Enríquez de Toro, natural daquela vila, e filla de don Juan Zambrano Enríquez de Toro e Elvira Zambrano Guerrero. Viviron na parroquia de Frameán, en Monterroso, e entre os seus fillos estaba Antonia Mariño de Camba, bautizada en Fuente del Maestre o 9 de decembro de 1666, que casou con don Juan Vargas Machuca y Adami. O seu bisneto Pedro de Quevedo y Quintano foi bispo de Ourense e cardeal da Igrexa Católica.

  1. Lage-Seara, Antonio (3 de xaneiro de 2023). "Los Mariño, descendientes de una sirena de la isla de Sálvora" (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bedoya, Juan Manuel (1835). Retrato histórico del emmo. excmo. e ilmo. señor don Pedro de Quevedo y Quintano, presbítero cardenal de la Santa Romana Iglesia, obispo de Orense (en castelán). Madrid. 

Ligazóns externas

editar