Pedro López Bodelo
Pedro López Bodelo foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1931 – 1934 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarPresidente do Sindicato Agrícola de Boimorto y sus Contornos. Militante do PSOE. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Boimorto logo da repetición das eleccións municipais do 31 de maio e elixido alcalde de Boimorto o 5 de xuño. Foi destituído en outubro de 1934.[1]. Detido e encausado xunto con Antonio Vidal Novo por reunión clandestina no Sindicato Agrícola o 7 de outubro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu con Manuel Sánchez de Valente e permaneceron agochados. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.[2] Entregáronse no cuartel de Sobrado en xaneiro de 1941.[3] Foi xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión e condenado a 8 anos de prisión. Internado na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade provisional en xaneiro de 1942.[4]
Predecesor: ? |
Alcalde de Boimorto 1931 - 1934 |
Sucesor: Manuel Carro Sandá |
Notas
editar- ↑ El Eco de Santiago, 30-10-1934, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.
- ↑ Boimorto: a historia da sublevación do 36 e "Memoria dun silencio" de Xosé Luís Rivas Cruz
- ↑ BOE, 7-1-1942, p. 118.