Pedreiro negro
Pedreiro negro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() en Merzouga, Marrocos | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O pedreiro negro[2] (Oenanthe leucura) é unha pequena ave paseriforme actualmente clasificada na familia Muscicapidae. Atópase na Península Ibérica e oeste do norte de África.
Taxonomía
editarO pedreiro negro foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada do Systema Naturae de Carl Linné. Situouno xunto cos tordos no xénero Turdus, e acuñou para el o nome binomial Turdus leucurus e indicou como localidade tipo Xibraltar.[3] O epíteto específico do nome vén do antigo grego leukouros, que significa 'de cola branca'.[4] Gmelin baseou a súa descrición no "tordo de cola branca" que fora descrito e ilustrado en 1783 polo ornitólogo John Latham na súa obra en varios volumes A General Synopsis of Birds. Latham examinou un espécime no Museo Leveriano de Londres.[5] O pedreiro negro é agora situado no xénero Oenanthe que foi introducido en 1816 polo ornitólogo francés Louis Pierre Vieillot.[6]
Recoñécense dúas subespecies:[6]
- O. l. leucura (Gmelin, JF, 1789) – Portugal, España e sur de Francia
- O. l. riggenbachi (Hartert, EJO, 1909) – noroeste de África
Descrición
editarÉ un pedreiro grande de 16–18 cm de longo. O macho desta especie é totalmente negro excepto no sobrecú e a maior parte da cola que son brancos. A femia é similar, pero marrón escura en vez de negra. Canta unha canción alta similar á dos tordos.
A especie similar pedreiro de barrete branco (Oenanthe leucopyga) tamén se reproduce na parte de África da área de distribución do pedreiro negro, pero o pedreiro negro ten un debuxo de "T" invertido negro na súa cola branca, mentres que o pedreiro de barrete branco ten só unha parte central branca na cola. O pedreiro negro nunca ten píleo branco, pero os pedreiros de barrete branco novos tamén carecen desta característica.
Comportamento
editarReprodúcese en cantís e pendentes rochosas do oeste do norte de África e na Península Ibérica. Xa non se reproduce no sur de Francia.[7] É principalmente unha ave residente e nidifica en gretas entre as rochas e pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase fundamentalmente de insectos.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2018). "Oenanthe leucura" 2018: e.T22710259A132085979. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22710259A132085979.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Gmelin, Johann Friedrich (1789). Systema naturae per regna tria naturae : secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). 1, Part 2 (13ª ed.). Lipsiae [Leipzig]: Georg. Emanuel. Beer. p. 820.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 225. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Latham, John (1783). A General Synopsis of Birds. 2, Part 1. Londres: Printed for Leigh and Sotheby. p. 49, placa 38.
- ↑ 6,0 6,1 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xullo de 2023). "Chats, Old World flycatchers". IOC World Bird List Version 13.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 19 de agosto de 2023.
- ↑ Murguii, Enrique (2020). Keller, Verena; et al., eds. European Breeding Bird Atlas 2: Distribution, Abundance and Change. Barcelona: European Bird Census Council and Lynx Edicions. p. 762. ISBN 978-84-16728-38-1.