Pediculus humanus
Pediculus humanus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Pediculus humanus é unha especie de insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que parasita ao ser humano e comprende os piollos humanos da cabeza e do corpo (pero non o pubiano ou piollo pato). A súa infestación chámase pediculose. Ao contrario da pulga, esta especie non presentou ningunha recesión, polo que a súa distribución segue sendo mundial.[1] Recoñécense dúas subespecies:[2]
- Pediculus humanus capitis De Geer, 1778. É o piollo da cabeza, que é inofensivo. Causa a pediculose da cabeza.
- Pediculus humanus humanus Linnaeus, 1758, tamén chamado Pediculus humanus corporis. É o piollo do corpo. Causa a pediculose do corpo. Ademais, pode transmitir doenzas infecciosas bacterianas.
Características
editarEsta especie só é propia do home, como o seu nome científico indica (Pediculus humanus). Miden aproximadamente de 2 a 10 milímetros e son doadamente visibles a simple vista. Ten un corpo traslúcido cunha leve tonalidade de cor amarela ou marrón variable. Ademais pode distinguirse o sangue que leva dentro do corpo, que é sangue humano do que se alimentou. A variedade do corpo (subespecie humanus ou corporis) é considerada transmisora do tifo exantemático (causada por Rickettsia), febre das trincheiras (causadas por Bartonella) e febres recorrentes (causadas por Borrelia).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Valledor de Lozoya, A. (1994). Envenenamientos por animales: animales venenosos y urticantes del mundo (en español). Madrid, España: Ediciones Díaz de Santos. p. 340. ISBN 84-7978-169-6.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Pediculus humanus (TSN 186074)" (en inglés).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Savill, R.A. 1990: Early records of the human head louse Pediculus humanus capitis (Phthiraptera: Pediculidae) in New Zealand. Records of the Canterbury Museum, 10(6): 69-72. [data de publicación: 'maio de 1990', fontes da primeira páxina do artigo]
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pediculus humanus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pediculus humanus |
- The Hairforce: Facts about head lice
- Centers for Disease Control and Prevention: Division of Parasitic Diseases
- James Cook University, Australia: Head Lice Information Sheet
- MedicineNet.com: Head Lice Infestation (Pediculosis)
- University of Nebraska: Head Lice Resources You Can Trust
- University of Nebraska: Free On-Line Video – Removing Head Lice Safely. English. Spanish.
- body and head lice on the UF / IFAS Featured Creatures Web site