Pavón (constelación)
(Redirección desde «Pavo (constelación)»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pavo (homónimos).
Pavo ou Pavón[1] é unha constelación do Hemisferio sur. A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603.
Pavo | |
---|---|
Nome latino | Pavo |
Abreviatura | Pav |
Xenitivo | Pavonis |
Simboloxía | O Pavo |
Ascensión recta | 20 h |
Declinación | −65° |
Área | 378 graos cadrados
Rango 44º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | α Pav (Joo Tseo, Pavo)
(magnitude ap. 1.94) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +30° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto | |
Estrelas
editarEstrelas principais
editar- α Pavonis (Peacock), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,94, é unha estrela binaria espectroscópica de cor azul a 183 anos luz de distancia.
- γ Pavonis, anana amarela de magnitude 4,21 a 30 anos luz da Terra. Algo máis quente e significativamente máis antiga co Sol, é un dos obxectivos prioritarios dentro da procura de planetas terrestres.
- δ Pavonis, de magnitude 3,55, estrela amarela da secuencia principal ou subxigante a só 20 anos luz de distancia.
- κ Pavonis, estrela variable W Virginis, cun brillo que varía entre magnitudes de 3,91 e 4,78.
- φ Pavonis, denominación que atinxe a dúas estrelas distintas: φ1 Pavonis, estrela de magnitude 4,8, e φ² Pavonis, anana amarela cun planeta no confirmado orbitando ó seu redor.
- HD 181433, anana laranxa onde foron atopados un planeta extrasolar do tipo "Super-Terra" e un planeta do tipo xigante gaseoso.
- SCR 1845-6357, sistema formado por unha anana vermella e unha anana marrón a 12,57 anos luz de distancia da Terra.
Outras estrelas con Designación de Bayer
editarObxectos Notables do espazo profundo
editar- NGC 6752, espectacular cúmulo globular a 13.000 anos luz, o terceiro cúmulo globular máis grande en tamaño aparente.
- NGC 6744, semellante á Vía Láctea, é unha das galaxias espirais máis grandes observadas. Está situada 3º o sueste de λ Pavonis.
- NGC 6782, galaxia espiral barrada.
Historia
editarDado que foi creada no século XVII e non foi visible para culturas mediterráneas, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Star Tales – Pavo (en inglés)