Paulo Ríos Santomé
Paulo Ríos Santomé, coñecido como Kai, nado en Moaña en 1993, é un político galego do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 ![]() Moaña, España ![]() |
![]() | |
2019 – 2021 ← Alberte Fernández Silva – Marta Gómez Martín → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Aberta de Cataluña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou o Grao de Ciencias Sociais na Universidade Aberta de Cataluña. Militou en Galiza Nova dende 2015, foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova dende ese ano e membro da Executiva Nacional do BNG. Foi secretario xeral da Unión da Mocidade Galega, posto que abandonou en 2020. Concelleiro de Mocidade en Moaña dende 2017.[1][1][2] Na Asemblea Nacional Extraordinaria de outubro de 2019, foi elixido secretario xeral de Galiza Nova.[3] Nas autonómicas de 2020 foi o número 6 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Concello de Moaña". Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Dimite el edil de Deportes de Moaña, Abel Pérez,y entra Pablo Ríos que llevará Mocidade
- ↑ "Crónica da Asemblea Nacional Extraordinaria de Galiza Nova". Sitio web de Galiza Nova. 2019-10-25. Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.