Paulo Naseiro
xornalista e escritor galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Paulo Naseiro Ramudo, nado en Vilalba o 4 de abril de 1970[1], é un escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1970 ![]() Vilalba, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da xerontoloxía.
Cofundador, xunto con Moncho e Mario Paz González do xornal A Voz de Vilalba, editado entre 1983 e 1987, e desde 2008 en formato dixital. Redactor da revista Albaroque. Foi correspondente de A Nosa Terra na comarca da Terra Chá, e colabora habitualmente en diversos xornais e revistas.
Obras
editarNarrativa
editar- Magyar Posta, 2007, Instituto de Estudos Chairegos.[2]
- Oito horas, 2008. Dpto.
- Speechwriter. 2008. Edición dixital.
Ensaio
editar- Seis escritores de Vilalba, escolma poética (coautor), 1986. Deputación de Lugo
- A Voz de Vilalba: xornal ao servizo do pobo (1983-1986). (coautor). 2007. Ed. Dykinson
- Conversas arredor de Xorima, 2020, Instituto de Estudos Chairegos.
- Os catro exilios de Silvia Mistral. Recollido en Relatorios das Xornadas 2018 e 2019. 2021. Instituto de Estudos Chairegos
Teatro
editar- Por favor, agarde a súa quenda, 1986. Estreada por CDV teatro.
Premios
editar- Premio de xornalismo Manuel Mato Vizoso en 1992, polo artigo "Un instituto para Vilalba no 33" (El Progreso, 22 de xullo de 1992).
- Premio de narrativa no Certame Literario do Concello de Vilalba en 2003, por Magyar Posta.[3]
Notas
editar- ↑ "Paulo Naseiro Ramudo". Certame de Vilalba.
- ↑ "Verbas axeitadas |". www.abc.es. Archived from the original on 27 de novembro de 2024. Consultado o 20 de maio de 2022.
- ↑ "Magyar posta" (PDF). Certame de Vilalba.