Paulino Pardo de Neyra
Paulino Carlos María Pardo de Neyra, ou Pardo Neira, nado en Baralla en 1898 e finado en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990, foi un funcionario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() Baralla, España ![]() |
Morte | 27 de novembro de 1990 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarOrganizou con Evaristo Correa Calderón, Casiano Díaz Moreno e Faustino Cela a Irmandade da Fala de Baralla en 1917. Ingresou no Corpo de Prisións e pediu a excedencia en 1924.[1] Foi funcionario do Corpo de telégrafos destinado en Palas de Rei. Na ditadura de Primo de Rivera foi xefe local da Unión Patriótica de Palas de Rei.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 encerrouse con varios homes armados na casa do Concello de Palas de Rei. Foi detido e condenado sen xuízo a pena de morte. Por intercesión familiar conseguiron a anulación da pena. Foi desterrado a Leganés e multado con 5.000 ptas. Despois foi funcionario de telégrafos de Santiago. Reingresou no Corpo de Prisións nos anos corenta. Foi destinado como funcionario á prisión do partido de Santiago de Compostela en 1950,[3] da que foi xefe de Administración dende 1952.[4] En 1958 foi nomeado director da prisión de Santiago de Compostela.[5] Finou en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990.[6]
Vida persoal
editarCasou con Marina Soto Viña, foi pai de María del Carmen, Alfonso, Esther e José Pardo Soto, e avó de Xulio Pardo de Neyra.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pardo de Neyra, Xulio (2017). Da fidalguía á República. Achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro.