Pau Víctor

futbolista español

Pau Víctor Delgado, nado en Sant Cugat del Vallès o 26 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga principalmente como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, cedido polo Girona.

Modelo:BiografíaPau Víctor
Nome orixinalPau Víctor Delgado
Biografía
Nacemento26 de novembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Sant Cugat del Vallès, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro

Traxectoria

editar

Formouse como futbolista na canteira do Sabadell, antes de ingresar en 2018 na do Girona.[1] O 20 de xullo de 2020, sen ter xogado nunca co filial, debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Jairo Izquierdo na segunda metade dunha derrota por 2-0 ante o Alcorcón no estadio Santo Domingo.[2] Na tempada 2020/21 pasou ao Girona B, da Terceira División, co que disputou 16 partidos, marcando 6 goles. Durante esa mesma tempada participou en 10 partidos do primeiro equipo.

Para a campaña 2022/23 regresou cedido ao Sabadell, da Primeira División RFEF, onde foi titular na maioría de partidos, aportando sete goles e seis asistencias.[3] Na seguinte tempada saíu cedido de novo, desta vez ao Barcelona Atlètic.[4]

  1. "Valery i els joves del planter Pau Víctor i Kebé són les grans novetats de la llista" (en catalán). 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  2. Jiménez, Álex (20 de xullo de 2020). "El Alcorcón despide el año con un cumpleaños muy feliz". Marca (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  3. "Pau Víctor i Àlex Sala, cedits al Sabadell" (en catalán). 29 de agosto de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  4. "Pau Víctor, cedit al Barça Atlètic" (en catalán). 17 de agosto de 2023. Consultado o 13 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar