Patrimonio da Humanidade en Afganistán
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Afganistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Afganistán aceptou a convención o 20 de marzo de 1979, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista.
O primeiro sitio en Afganistán que se inscribiu foi o Minarete e Restos Arqueolóxicos de Jam, que foi inscrita na 26ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 2002. A Paisaxe cultural e Restos Arqueolóxicos do Val de Bamiyán foi inscrita na 27ª sesión, en 2003.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
editar- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: das provincias de Afganistán
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]
† En perigo
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Minarete de Jam[4] | Provincia de Ghor, Afganistán | 2002 | 337; ii, iii, iv (cultural) | |
02 | Budas de Bamiyán[5] | Bamiyán, Afganistán | 2003 | 337; i, ii, iii, iv, v (cultural) |
Lista de candidatos
editarAdemais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.
Sitio | Imaxe | Ano listado | Localización | Descrición |
---|---|---|---|---|
Cidade de Herat[6] | 2004 | |||
Cidade de Balkh (antiga Bactria)[7] | 2004 | |||
Band-E-Amir[8] | 2004 | |||
Bagh-e Babur[9] | 2009 |
Notas
editar- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Minaret and Archaeological Remains of Jam".
- ↑ "Cultural Landscape and Archaeological Remains of the Bamiyan Valley".
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "City of Herat". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "City of Balkh (antique Bactria)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Band-E-Amir". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Bagh-e Babur". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Afganistán |