Pasacondía, Cerqueda, Malpica de Bergantiños
Pasacondía é un lugar da parroquia de Cerqueda no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Xunto co lugar da Aldeola tiña 182 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 86 homes e 96 mulleres.
Pasacondía | |
---|---|
Parroquia | Cerqueda |
Concello | Malpica de Bergantiños |
Coordenadas | 43°17′33″N 8°48′20″O / 43.292527589103, -8.8056737148434 |
Poboación | 182 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nome
editarHai varias lendas para explica-la orixe do nome, unha delas di que era un lugar encantado e que unha bruxa prohibiu que a xente atravesase o lugar de noite, xa que recibiría un maleficio ou incluso a morte.
Outras explicacións, máis mundanas, afirman que Pasacondía debe o seu nome ó mal estado das corredoiras, xa que nun principio era unha zona de leiras e de agras, aínda que foron empezando a construírse algunhas casas polos anos 20.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cerqueda
editarLugares da parroquia de Cerqueda no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
A Aldeola | Algadán | Ardeleiro | Arixón | Os Barreiros | A Campela | Canelas | O Ceán | Cerqueda | As Cortes | Filgueira | A Fonte dos Bois | O Gomoroto | As Labradas | A Lagoa | Leduzo | Loroxo | Pasacondía | O Pazo | As Pozacas | Os Resíos | Taraio | A Telleira | O Tormeán |