Partido Popular do País Vasco
O Partido Popular do País Vasco ou Partido Popular de Euskadi[1] ("Euskadiko Alderdi Popularra" en éuscaro), é a delegación do Partido Popular de España no País Vasco. A súa ponla xuvenil son as Novas Xeracións do Partido Popular País Vasco. Tamén son coñecidos como populares vascos en castellano e Euskadiko popularrak (populares de Eskadi) en éuscaro.
Partido Popular do País Vasco | |
---|---|
Sección do PP na Comunidade Autónoma Vasca | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Antonio Basagoiti (presidente) Iñaki Oyarzabal (secretario) Leopoldo Barreda (portavoz) |
Mocidades | Novas Xeracións do País Vasco |
Historia | |
Fundación | 20 de xaneiro de 1989 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centrodereita Conservadorismo Democracia cristiá Liberalismo Foralismo |
Outros datos | |
Sede | C/ San Antonio 1, 1º Vitoria 01005 |
Na rede | |
www.ppvasco.com | |
Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. A súa sede central áchase na Gran Vía de Bilbao e está presidido dende o 2008 por Antonio Basagoiti.
Presidentes
editar- Jaime Mayor Oreja (1989-1996)
- Carlos Iturgaiz Angulo (1996-2004)
- María San Gil Noain (2004-2008)
- Antonio Basagoiti Pastor (2008-presente)
Notas
editar- ↑ Declaracións do presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti (en castelán) "no Partido Popular de Euskadi non estamos ni para líos nin para sectores de poder nin para familias, estamos para defender uns valores esenciais, como son a defensa da liberdade".