Partido Comunista Español
O Partido Comunista Español foi un partido político español fundado o 15 de abril de 1920 polos integrantes da Federación de Xuventudes Socialistas.
Partido Comunista Español | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Ramón Merino Gracia |
Historia | |
Fundación | 15 de abril de 1920 |
Disolución | Novembro de 1921 |
Publicación | El Comunista |
O órgano oficial do Partido Comunista Español foi El Comunista, continuador do antigo diario Renovación (órgano oficial da Federación de Xuventudes Socialistas).
Historia
editarTras o Congreso Extraordinario do PSOE de 1919,[1] polo cal aprazaron o ingreso do Partido no Komintern, a Federación de Juventudes Socialistas decidiu, no seu V Congreso, escindirse do PSOE para adherirse á Internacional Comunista e crear a súa sección española, transformando a Federación de Xuventudes Socialistas no novo Partido Comunista Español. Dada a mocidade dos seus promotores, foi coñecido polos seus primeiros detractores como o «partido dos cen nenos».[2] Entre os fundadores da formación comunista destacaron Ramón Merino Gracia, como secretario xeral, Juan Andrade, que se fixo cargo da dirección do semanario El Comunista,[3] Luis Portela e Eduardo Ugarte, algúns deles procedentes do Grupo de Estudantes Socialistas.[4] Entre os adheridos figuraron o xinecólogo Ángel Sopeña e Ibáñez e Dolores Ibárruri (Pasionaria), que se uniu á escisión xunto coa Agrupación Socialista de Somorrostro (Biscaia).
Como partido adherido á Internacional Comunista, o Partido Comunista Español participou no II Congreso da organización mundial, onde obtivo un posto no Comité Executivo do Komintern. En marzo de 1921 celebrouse o I Congreso do Partido, que elixiu a un Comité Central formado, entre outros, por Merino Gracia, Vicente Arroyo ou Rafael Millá.
Tras a escisión do Partido Comunista Obreiro Español do PSOE en abril de 1921 e a súa adhesión á Terceira Internacional, os dous partidos comunistas (PCOE e Partido Comunista Español) iniciaron un proceso de integración a instancias da Internacional Comunista que culminou na chamada Conferencia de Fusión (7-14 de novembro de 1921)[1] e na creación do Partido Comunista de España, como único referente da III Internacional en España.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gallego (1977), p. 40
- ↑ Del Rosal Díaz 2004, p. 76.
- ↑ Gómez (2015)
- ↑ Del Rosal Díaz 2004, p. 77-79.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Del Rosal Díaz, Amaro (2004). "Consideraciones y vivencias sobre la fundación del PCE y sus primeros años". Contribución a la historia del PCE (en castelán). Madrid: Fundación de Investigaciones Marxistas. ISBN 84-87098-43-6.
- Gallego, José Andrés (1977). El socialismo y la dictadura (España, 1923-1930). Col. Historia política (en castelán). Madrid: Tebas. ISBN 84-7273-033-6.
- Gómez, María Teresa (2015). El largo viaje: política y cultura en la evolución del Partido Comunista de España (1920-1939) (ebook) (en castelán). Madrid: Ediciones de la Torrre. ISBN 978-84-7960-760-9.