Partido Alianza Democrática
O Partido Alianza Democrática (Partia Aleanca Demokratike en albanés) é un partido centrista liberal de Albania.
Partido Alianza Democrática | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Liberalismo |
Data de fundación | 1992 |
Presidente/a | Eduard Abazi (-) ![]() |
Sede | Tirana |
País | Albania |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarFormouse en 1992 como unha escisión encabezada por Neritan Ceka do Partido Democrático de Albania. Formou parte do goberno que encabezou o Partido Socialista de Albania en 1997. Nas eleccións de 2001 conseguiron o 2.4% dos votos e 3 escanos. Nas eleccións de 2005 mantiveron os seus 3 escanos na Asemblea de Albania co 4.76% dos votos.
As súas mocidades reciben o nome de Rinia Liberal Demokrate. O partido forma parte do Partido Europeo Liberal Demócrata e Reformista.