Parsippany-Troy Hills, Nova Jersey
Parsippany-Troy Hills é un municipio do Condado de Morris, Nova Jersey, Estados Unidos. Aínda que este é o nome oficial, a meirande parte dos residentes e as referencias en Internet aparecen simplemente como Parsippany. Tanto Parsippany coma Troy Hills responden a localidades do municipio. O nome de Parsippany procede da palabra parsipanong, que na lingua nativa dos indios Lepane significa "o lugar onde o río serpea polo val".
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova Jersey | ||||
Condado | Condado de Morris ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 56.162 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 20.256 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 65,771 km² ![]() | ||||
Altitude | 24 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Mountain Lakes (pt) ![]() Morris Plains (pt) ![]() Morris Township Randolph (en) ![]() Hanover (pt) ![]() Montville (en) ![]() East Hanover (en) ![]() Boonton (pt) ![]() Denville ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Q131443068 ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07054 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | parsippany.net ![]() |
Segundo o censo do ano 2000, a municipalidade tiña unha poboación de 50 649 habitantes.[1]
Parsippany-Troy Hills converteuse en municipio pola lei aprobada polo estado de Nova Jersey o 12 de marzo de 1928 a partir dunha porción da municipalidade de Hanover, con base nos resultados do referendo do 9 de maio de 1928.[2]
Parsippany-Troy Hills foi recoñecido pola magazine Money no posto 17 dos Mellores lugares para vivir nos Estados Unidos e no primeiro dos lugares de Nova Jersey[3].
Xeografía
editarSegundo o Oficina do Censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), o municipio ten unha área total de 65,80 km² (25,40 millas cadradas). Deles, 62 km² é terra e 3,80 km² de auga (o 5,82%).
Demografía
editarO censo do 2000 recolle unha poboación de 50 649 persoas, 19 624 fogares, e 13 167 familias residentes no concello. A densidade de poboación era de 816 habitantes por km². Rexistra tamén 20 066 vivendas e unha densidade media de 323 casas por km².
A conformación racial do municipio era dun 74,28% de brancos, 3,11% afroamericanos, 0,12% de indios americanos, 18,06% Asiáticos, 0.06% de oceánicos, 1,90% doutras razas, e 2,48% de dúas ou máis razas. O 6,98% da poboación declárase hispánico ou latino de calquera raza.
Dos 19 624 fogares, o 29,5% ten fillos de menos de 18 anos vivindo con eles, o 56,2% eran matrimonios ou parellas, o 7,6% eran mulleres sen marido, e o 32,9% eran non-familias. O 27,1% de todos os donos das casas estaban conformadas por individuos e o 6,7% eran persoas maiores vivindo soas de máis de 65 anos de idade. A familia media consistía en 3,13 individuos.
A poboación consta destes treitos demográficos: 21,0% con menos de 18 anos, 6,7% entre 18 e 24, 35,2% entre 25 e 44,25,9% entre 45 e 64, e 11,2% de 65 anos ou máis. A idade media é de 38 anos. Por cada 100 mulleres hai 97,8 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 anos hai 94,7 homes.
Os ingresos medios por fogar no municipio de Parsippany é de 68 133 dólares, e os ingresos medios por familia son de 81 041 dólares. Os homes teñen uns ingresos medios de 51 175 dólares por 38 641 das mulleres. A renda per capita do concello era de 32 220 dólares. O 2,6% das familias e o 3,9% da poboación están por debaixo da liña de pobreza, incluídos o 4,0% dos menores de 18 anos e o 6,3% de 65 ou máis.
Goberno local
editarA forma de goberno do concello é similar á dos gobernos federal e estatal. Réxese pola Faulkner Act (tamén coñecida como Optional Municipal Charter Law). O alcalde e o concello son elixidos por separado. O alcalde funcio xefe executivo e o concello ten funcións lexislativas.2
Parsippany é un dos poucos municipios de Nova Jersey cun alcalde a tempo completo. O actual alcalde, Michael Luther, gaña un salario de 107.000 dólares. O seu pai, Henry Luther, foi o segundo alcalde de Parsippany de 1966 a 1973. Mayor Michael Luther, demócrata, gañou as eleccións por unha lixeira vantaxe co apoio de certos grupos de republicanos contrarios a unha moratoria no desenvolvemento do municipio. Michael Spector, candidato do Partido Verde e o independente Roy Messmer tamén se presentaron ás eleccións.
Educación
editarO Distrito Escolar de Parsippany-Troy Hills School conta coas seguintes escolas:
Elementary Schools (Graos K-5)
- Eastlake Elementary School.
- Intervale Elementary School.
- Knollwood Elementary School.
- Lake Hiawatha Elementary School.
- Lake Parsippany Elementary School.
- Littleton Elementary School.
- Mt. Tabor Elementary School.
- Northvail Elementary School.
- Rockaway Meadow Elementary School.
- Troy Hills Elementary School.
Middle Schools (Graos 6-8)
High Schools (Graos 9-12)
Notas
editar- ↑ If You're Thinking of Living in: Parsippany-Troy Hills, The New York Times, February 23, 1992
- ↑ "The Story of New Jersey's Civil Boundaries: 1606-1968", John P. Snyder, Bureau of Geology and Topography; Trenton, New Jersey; 1969. p. 195.
- ↑ Best Places to Live 2006 Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Money magazine, consultado o 7 de agosto de 2006