Parque Natural de Los Alcornocales

O Parque Natural de Los Alcornocales atópase en Andalucía. Esténdese polas provincias de Cádiz e Málaga (nesta última só no concello de Cortes de la Frontera).

Modelo:Xeografía físicaParque Natural de Los Alcornocales
Imaxe
Tipoparque natural
Lugar de importancia comunitaria
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Parte deRede Natura 2000
Rede Natura 2000 en España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Málaga, España e Provincia de Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°20′54″N 5°36′14″O / 36.3484, -5.604
Características
Superficie167,767 km²
173.619,51985 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349067 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación28 de xullo de 1989 e 1989 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452532

Descrición do parque

editar

Este parque contén algo máis de 170.000 hectáreas de fragas mediterráneas. Con forma de lingua, a masa forestal esténdese dende as praias de Tarifa ata o Parque Natural Serra de Grazalema. As forestas son posíbeis grazas ás temperaturas medias e á gran pluviosidade. Ademais a presenza de néboas e brumas fan que as secas non sexan habituais. O vento máis frecuente é o de Levante, que favoreceu nos últimos tempos a aparición de centrais eólicas e un turismo de lecer relacionado coas actividades deportivas asociadas o vento. A presenza humana na área do parque remóntase á Idade de Bronce. Existen restos de ducias de poboados que testemuñan a presenza de poboacións recolectoras e cazadoras. Tamén son testemuñas desta época os vestixios de pintura rupestre ou as tumbas escavadas en rochas. Posteriormente, a área do parque foi zona de paso de fenicios, gregos, romanos e musulmáns. En canto o patrimonio citar o Mosteiro do Corvo (Monasterio del Cuervo en castelán), construído pola orde dos carmelitas descalzos e hoxe en día abandonado.

Ademais das sobreiras podemos atopar carballos ananos, rododendros ou fentos (especie moi rara en Andalucía e máis propia do clima atlántico). O sotobosque tamén ten unha gran distribución e calidade coa presenza de queiroas, estevas e orquídeas. Nas zonas máis secas e rochosas salientar a presenza da planta carnívora Drosera stenopetala. Durante séculos a explotación das forestas foi a actividade económica principal. Así as queiroas empregáronse coma materiais de construción ou vasoiras e os freixos para faceren utensilios de cociña. Pero a especie de maior valor económico foron e son as sobreiras, cuxa cortiza emprégase para os tapóns das botellas, para carteiras ou coma illante acústico e térmico.

 
Imaxe do parque

A presenza da auga garante a supervivencia de 11 especies diferentes de anfibios, dende píntegas ata varios tipos de ras. Pola súa situación o parque é paso das aves migratorias que volven a África no outono. As aves rapaces merecen unha consideración especial polo seu número e variedade. Así son frecuentes a aguia cobreira, o lagarteiro, o azor, o miñato real, a aguia perdiceira, o voitre branco e o voitre común (que conxuntamente con Grazalema dispoñen nesta zona dunha das maiores poboacións de toda Europa). Debido a isto existe no parque o Centro de Recuperación de Aves Rapaces El Pelayo para o estudo e recuperación de aves feridas. Entre os mamíferos é frecuente o corzo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar