Parque Nacional de Gobustan
O Parque Nacional de Gobustan atópase ó oeste do asentamento de Gobustan, a uns 64 quilómetros ó suroeste do centro de Bakú. Foi establecido en 1966 cando a rexión foi declarada como un monumento histórico nacional de Azerbaidján nun intento de conservar as antigas tallas, volcáns de lama e pedras de gas na rexión. A paisaxe cultural de arte rupestre incluído no Parque Nacional de Gobustan foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2007.[1]
(az) Qobustan qoruğu | ||||
Tipo | Reserva natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Distrito de Abşeron, Azerbaidján | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 3.096 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) | |||
Identificador | 1076 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1966 | |||
Hoxe Gobustan é a reserva nacional máis popular de Azerbaidján.
Tallas prehistóricas
editarAs tallas rupestres e petróglifos no lugar mostran cativadoras imaxes da vida prehistórica no Cáucaso. Os bosquexos ben conservador mostran antigas poboacións que viaxan en botes de xuncos; homes cazando antílopes e touros salvaxes, así como mulleres bailando.[2] O afamado antropólogo noruegués Thor Heyerdahl regresou moitas veces a Azerbaidján entre 1961 e a súa morte en 2002 para estudar o lugar na súa «Na busca de Odín».
Volcáns de lama
editarEstímase que 300 dos arredor de 700 volcáns de lama que existen no mundo están en Gobustan.[3] Moitos xeólogos así como turistas do lama nacionais e internacionais camiñan a lugares como o cráter Firuz, Gobustan, Salyan para coñecer os volcáns de lama que se cre que teñen propiedades medicinais.[4] En 2001 un volcán de lodo a 15 quilómetros de Bakú fíxose noticia internacional cando repentinamente empezou a arrebolar chamas de 15 metros de alto.[5]
Notas
editar- ↑ "Gobustan Rock Art Cultural Landscape". UNESCO Culture Sector.
- ↑ "11.1 Early Man in Azerbaijan When Ancient Stones Speak by Ronnie Gallagher and Abbas Islamov".
- ↑ "11.2 Mud Volcanoes - Mysterious Phenomena Fascinate Scientists and Tourists by Ronnie Gallagher".
- ↑ "ISIC.org - Events". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "BBC News | SCI/TECH | Azeri mud volcano flares".