Parque Nacional Mesa Verde
O Parque Nacional de Mesa Verde (en inglés Mesa Verde National Park) é un Parque Nacional dos Estados Unidos, declarado tamén Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1978.
(en) Mesa Verde National Park ![]() | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | América do Norte ![]() | |||
División administrativa | Condado de Montezuma, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Punto máis alto | Park Point ![]() | |||
Superficie | 212 km² Patrimonio da Humanidade: 21.043 ha ![]() | |||
Parque Internacional do Ceo Estrelado | ||||
Data | 2021 | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) ![]() | |||
Identificador | 27 | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | distrito | |||
Data | 15 de outubro de 1966 | |||
Identificador | 66000251 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1906 ![]() | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 557.248 (2006) ![]() | |||
Operador | Servizo Nacional de Parques ![]() | |||
Sitio web | nps.gov… ![]() | |||
Está situado no condado de Montezuma, no suroeste de Colorado, Estados Unidos de América.
Ocupa unha superficie de 211 km2 e contén numerosas ruínas de vilas e aldeas construídas polo pobo anasazi.
Destacan as construcións realizadas en covas e en acantilados, entre elas o Cliff Palace.
Estes poboados de pedra, grandes e ben construídos, son o resultado dunha longa ocupación durante a cal se foron agregando habitacións e almacéns de maneira aparentemente aleatoria.
Xeografía
editar- Latitude e lonxitude: 37°15′42″N 108°29′8″O / 37.26167, -108.48556.
- Altitude 1860–2560 m.
O parque esténdese 21,2 km de norte a sur e 19,2 de leste a oeste. O terreo está dominado por serras e vales en dirección norte-sur. Moitas das serras culminan nunha crista cerca do extremo norte do parque.
Historia
editarO lugar estivo habitado desde o século VI polos indios anasazi, que construíron os seus poboados primeiro nos cumios das mesetas e, máis tarde, a partir do século XII en covas nas paredes dos canóns, até que foron abandonados repentinamente contra 1275 por razóns descoñecidas.
Os primeiros europeos que chegaron á rexión de Mesa Verde foron os exploradores españois, que buscaban unha rota de Santa Fe, Novo México a California, nas décadas de 1760 e 1770. Bautizaron a rexión co nome de Mesa Verde debido ás súas elevadas mesetas cubertas de bosques de xenebreiros e piñeiros.
Non foi até 1873, coas observacións dun prospector chamado John Moss, cando se fixo pública a existencia dos poboados de pedra. O ano seguinte, Moss guiou ao fotógrafo William Henry Jackson polo canon do Mancos, na base de Mesa Verde, desde onde puido fotografar un dos poboados. En 1875, o xeólogo William H. Holmes percorreu a ruta de Jackson. Os informes de Jackson e Holmes foron incluídos no informe do Hayden Survey, en 1876, unha das catro expedicións de exploración do oeste americano financiadas polo goberno federal que, xunto con outras publicacións, conduciron a varias propostas para a exploración sistemática dos restos arqueolóxicos do suroeste, aínda que durante algúns anos non tiveron consecuencias prácticas.
Mentres tanto, o val do Mancos comezou a ser ocupado por rancheiros, e comezou o espolio dos restos arqueolóxicos. Richard Wetherill, rancheiro e arqueólogo afeccionado, foi o primeiro guía turístico da rexión.
Outros visitantes ilustres foron a reporteira Virginia McClurg, cuxos esforzos continuados durante anos levaron á constitución do Parque Nacional; o fotógrafo e escritor Frederick H. Chapin, que en 1892 publicou The Land of the Cliff-Dwellers, o primeiro libro ilustrado no que se ofrecía unha descrición extensiva do lugar, e o xeólogo sueco Gustaf Nordenskiöld, que en 1891 foi o primeiro en estudar cientificamente as ruínas.
A finais do século XIX era patente que Mesa Verde necesitaba protección ante o vandalismo continuado. Finalmente, o 29 de xuño de 1906, foi establecido o Parque Nacional de Mesa Verde.
No verán de 2002 o parque sufriu extensos incendios forestais e tivo que ser pechado en parte. Aínda que toda a extensión do parque volveu a abrir, con todo son visíbeis os danos sufridos.
Servizos
editarA entrada do parque sitúase a quince quilómetros ao leste de Cortez. O centro de acollida de visitantes encóntrase a 24 km da entrada, e a zona máis popular, Chapin Mesa, a 10 km do centro de visitantes.
O Museo Arqueolóxico de Chapin Mesa informa sobre a civilización dos anasazi e expón pezas arqueolóxicas.
Tres dos poboados de Chapin Mesa están abertos ao público:
- Spruce Tree House abre todo o ano, salvo mal tempo.
- Balcony House e
- Cliff Palace, que pechan, ambas as dúas, en inverno, e só poden percorrerse en visitas guiadas.
A 19,2 km ao suroeste do centro de visitantes, por unha estrada de montaña, chégase a Wetherill Mesa, onde se encontran Long House e Step House. Moitos outros poboados pódense ver desde a estrada, pero non están abertos ao público.
Ademais dos poboados nos acantilados, tamén hai ruínas no cumio das mesas. Entre as abertas ao público están Far View Complex, Cedar Tree Tower e o Templo do Sol, en Chapin Mesa, e Badger House Community en Wetherill Mesa.
O parque tamén ten sendeiros sinalizados, unha zona de acampada, gasolineira, restaurantes e aloxamentos, aínda que estes están pechados en inverno.
Galería de imaxes
editar-
Cliff Palace.
-
Cliff Palace, foto de 1891.
-
Spruce Tree House.
-
Square Tower House.
Sitios de interese
editar- Cliff Palace: é o poboado máis grande e coñecido de Mesa Verde. Identificáronse 220 cuartos e 23 kivas.
- Mug House: ruínas situadas en Wetherill Mesa e escavadas na década de 1960 polo arqueólogo Arthur Rohn. Contén 94 cuartos en catro niveis, cunha gran kiva, construída con pilastras e muros verticais simples. Esta estrutura cerimonial ten forma de ollo de pechadura, debido a un entrante detrás da lareira, o que se considera un elemento distintivo do estilo de Mesa Verde. Os habitáculos que se agrupan en redor da kiva suxiren que esta puido ter teito.
- Sand Canyon Pueblo: contén máis de 420 habitacións, 90 kivas e 14 torres nun extenso espazo aberto, cunha fonte na cabeceira dun pequeno canón. As escavacións indican que foi construído entre 1250 e 1270 seguindo un plan preestablecido, aínda que algunhas habitacións foron engadidas despois. Entre os elementos distintivos destaca unha estrutura en forma de D rodeada de múltiples muros, unha gran kiva e certas características que o relacionan coa arquitectura do canón do Chaco.
- Spruce Tree House: situado en Chapin Mesa, ben conservado e de fácil acceso. As ruínas inclúen unha kiva visitábel co teito reconstruído. As escavacións indican que, como a maioría das construcións de Mesa Verde, estivo ocupada menos dun século.
- Square Tower House: a torre que dá nome a este poboado é a estrutura máis alta de Mesa Verde. Estivo ocupado entre 1200 e 1300.
- Embalses de Mesa Verde.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Parque Nacional Mesa Verde |
Bibliografía
editar- Noble, David Grant (1995): Ruins of the Southwest. Flagstaff, Arizona: Northland Publishing. ISBN 0-87358-530-5
- Nordenskiöld, Gustaf (1893): Ruiner af Klippboningar I Mesa Verde's Cañons. Estocolmo: P. A. Norstedt & Söner.
- Nordenskiöld, Gustaf (1983): The Cliff Dwellings of the Mesa Verde. Chicago: P. A. Norstedt & Söner.
- Oppelt, Norman T. (1989): Guide to Prehistoric Ruins of the Southwest. Boulder, Colorado: Pruett Publishing. ISBN 0-87108-783-9.
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial: Mesa Verde National Park (en inglés) e (en castelán)
- Sitio del Parque Nacional: Mesa Verde National Park PageArquivado 01 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Unesco: Mesa Verde National Park (en inglés)