Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella
O parque nacional de Dovrefjell-Sunndalsfjella atópase no oeste de Noruega.
Tipo | Parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Lesja, Noruega (pt) , Dovre, Noruega (pt) , Oppdal, Noruega (pt) , Sunndal, Noruega (pt) e Molde, Noruega (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 1.830 km² 183.006,14052 ha | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 827 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2002 | |||
Características
editarO parque de Dovrefjell foi declarado no 1974 e protexía unha superficie de 25.600 hectáreas. Posteriormente no 2002 foi ampliado, e pasou a denominarse Dovrefjell-Sunndalsfjella. O terreo mostra características similares á tundra, mesturada con características propias da alta montaña. Salientar a elevación do Snohetta e a presenza dos ríos Kaldvella e Driva.
Vexetación e fauna
editarExisten importantes endemismos botánicos coma o taraxacum dovrense ou o Papaver radicatum ssp. ovatilobum. O animal máis importante é o boi almiscreiro (ovibos moschatus), sendo Dovrefjell o único lugar en Europea onde atopar esta especie. Foi introducido no 1932, con individuos provenientes de Groenlandia. Hoxe en día a súa poboación está estabilizada e fóra de perigo.