Pancho Gonzales
Ricardo Alonso González, tamén coñecido como Richard Gonzales e habitualmente como Pancho Gonzales, nado nos Ánxeles (California) o 9 de maio de 1928 e finado en Las Vegas (Nevada) o 3 de xullo de 1995, foi un tenista estadounidense de ascendencia mexicana, considerado como un dos máis destacados atletas da historia dese deporte.[1]
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Ricardo Alonso González ![]() 9 de maio de 1928 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||
Morte | 3 de xullo de 1995 ![]() Las Vegas, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro de estómago ![]() | ||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio Palm Memorial Park ![]() | ||||||||||||||||||||
Altura | 1,88 m ![]() | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1946–), adestrador de tenis ![]() | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1949 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro ![]() | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
O esplendor da súa carreira logrouno como profesional entre principios da década de 1950 e mediados da década seguinte, nunha época en que os profesionais non podían participar nos torneos de Grand Slam, sendo considerado o profesional número 1 do mundo entre 1952 e 1960. Como afeccionado conquistou dúas veces o Aberto dos Estados Unidos. Trala súa morte, un artigo de Sports Illustrated afirmou: "Se a terra estivese na liña dun partido de tenis, o home que queres que sirva para salvar a humanidade sería Ricardo Alonso Gonzales.[2][3] O comentarista de tenis Bud Collins indicou en 2006: "Se tivese que escoller alguén para que xogase pola miña vida, sería Pancho Gonzales".[4]
Nun famoso partido de 1970 en que o gañador levaba 10 000 dólares, celebrado no Madison Square Garden ante 15000 persoas, Gonzales, que tiña 41 anos, venceu a Rod Laver, nese momento número 3 do mundo.
Torneos de Grand Slam
editarResultado | Ano | Campionato | Superficie | Rival | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|
Gañador | 1948 | United States Open Tennis Championships | Herba | Eric Sturgess | 6–2, 6–3, 14–12 |
Gañador | 1949 | United States Open Tennis Championships | Herba | Ted Schroeder | 16–18, 2–6, 6–1, 6–2, 6–4 |
Notas
editar- ↑ "Pancho Gonazlez - Top 10 Men's Tennis Players of All Time". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ Orixinal en inglés: "If earth was on the line in a tennis match, the man you want serving to save humankind would be Ricardo Alonso Gonzales."
- ↑ "Richard “Pancho” Gonzales". International Tennis Hall of Fame. Consultado o 17 de xuño 2017.
- ↑ "Top Five Men's Tennis Stars of All Time". NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2006. Consultado o 17 de xuño de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- The Game, My 40 Years in Tennis (1979), Jack Kramer with Frank Deford (ISBN 0-399-12336-9)
- The History of Professional Tennis (2003), Joe McCauley
- Man with a Racket, The Autobiography of Pancho Gonzales, as Told to Cy Rice (1959)
- Rich Hillway, tennis historian - Q&A with the Aussies
- The Tennis Book (1981), editado por Michael Bartlett e Bob Gillen (ISBN 0-87795-344-9)
- The Lone Wolf, por S. L. Price, Sports Illustrated, 26 de xuño de 2002
- World of Tennis Yearbook 1971 (1971), por John Barrett, Londres
- Little Pancho (2009) por Caroline Seebohm