Johann Pachelbel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Johann Pachelbel, nado en Nuremberg, bautizado o 1 de setembro de 1653 e finado na mesma cidade o 3 de marzo de 1706, foi un destacado organista, clavicembalista e compositor. Foi un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Entre as súas numerosas composicións destaca o célebre Canon en re maior, escrito para tres violíns e baixo continuo, obra que foi obxecto de numerosas gravacións e versións.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1653 ![]() Núremberg, Alemaña ![]() |
Morte | 3 de marzo de 1706 ![]() Núremberg, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de St. Rochus ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Educación | Universidade de Altdorf ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e órgano ![]() |
Ocupación | compositor, organista, mestre ![]() |
Xénero artístico | Fuga, canon, Chacona e música clásica ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Profesores | Heinrich Schwemmer e Georg Caspar Wecker ![]() |
Alumnos | Johann Christoph Bach e Johann Heinrich Buttstett ![]() |
Instrumento | Órgano ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Wilhelm Hieronymus Pachelbel, Amalia Pachelbel, Charles Theodore Pachelbel ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Larousse en liña, (sec:Johann Pachelbel) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пахельбель Иоганн) Grande Enciclopedia de Cirilo e Metodio ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/9c/Pachelbels_tomb.jpg/220px-Pachelbels_tomb.jpg)
Traxectoria
editarJohann Pachelbel recibiu de neno as súas primeiras leccións musicais, por parte de Heinrich Schwemmer e Georg Kaspar Wecker, que lle aprenderon composición e interpretación. Tras terminar os estudos na Academia de San Lourenzo, en 1669 ingresou na Universidade de Altdorf, compaxinando as clases coas súas actividades como organista na Lorenzkirche; porén, a precariedade económica da familia impediu ó mozo músico seguir estudando na universidade, na que apenas permaneceu un ano. Na primavera de 1670 empezou a frecuentar a escola poética de Ratisbona e a asistir ás clases particulares de Kaspar Prentz, que o introduciu no coñecemento dos grandes compositores italianos da época.
Influído por Prentz, en 1673 transladouse a Viena para asumir o cargo de organista suplente na catedral de Santo Estevo. Catro anos despois foi nomeado organista da corte de Eisenach, ó servizo do príncipe Johann Georg, duque de Saxe-Eisenach. En xuño de 1678 foi contratado pola igrexa protestante de Erfurt; alí casou con Barbara Gabler en 1681, pero ó cabo de dous anos quedou viúvo, ó morrer a súa esposa e o seu fillo nunha epidemia. En 1684 casou en segundas nupcias con Judith Drommer, coa que tivo sete fillos, sendo dous deles, Wilhelm Hieronymus e Carl Theodorus, tamén músicos.
En 1690 foi chamado á corte de Württemberg en Stuttgart, para ocupar o cargo de músico e organista. Obrigado a fuxir dela en 1692 debido a unha invasión francesa, instalouse en Nuremberg, e poucos meses máis tarde regresou á súa rexión natal, Turinxia, onde foi nomeado organista da cidade de Gotha. En 1695, tralo falecemento do seu antigo mestre Wecker, organista de San Sebaldo en Nuremberg, foille concedido ese posto, no que se mantivo ata a súa morte.
Obra
editarPachelbel foi autor de numerosas obras, entre as que destacan composicións para órgano (preludios, tocatas, fugas, chaconas...), os lieder espirituais, diversas pezas para clavicémbalo, como a notable Hexachordum Apollinis, corais variadas, algunhas misas, motetes, cantatass, fantasías e magnificats. Malia ser un mestre do stilo cantabile (regularidade do desenvolvemento das voces, harmonía e ritmo), a súa música, tanto a instrumental como a vocal, foi esquecida pouco despois da súa morte e non se recuperou ata a primeira metade do século XIX, cando Franz Commer publicou parte da súa obra escrita para órgano. En 1901 editouse a serie completa das súas 95 fugas sobre o magnificat, e moitas das súas obras para clavicémbalo foron incluídas nunha edición posterior.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johann Pachelbel |