Pablo Sáenz
Pablo Sáenz Ezquerra, nado en San Adrián o 22 de maio de 2001, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Granada, da Segunda División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Pablo Sáenz Ezquerra ![]() 22 de maio de 2001 ![]() San Adrián, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,75 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro e extremo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNacido en San Adrián,[1] formouse como futbolista nas canteiras do CD San Adrián, o CD Falcesino, a Brooke House Football Academy e o Calahorra.[2] En 2019 debutou co filial do Calahorra na Terceira División e o 28 de maio de 2022 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, nun partido da Primeira Federación ante o Talavera de la Reina.[3]
Na primeira metade da tempada 2022/23 xogou cedido no CD Alfaro da Segunda Federación.[4] En xaneiro de 2023, ante a falta de minutos, foi recuperado polo seu club e asignado definitivamente ao equipo principal.[5]
En xullo de 2023, tralo descenso co Calahorra, fichou polo Granada B.[6] Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 24 de maio do ano seguinte, substituíndo a Ricard Sánchez nunha derrota por 7-0 ante o Girona FC.[7]
Notas
editar- ↑ "El adrianés Pablo Sáenz se incorpora al primer equipo del CD Calahorra para la temporada 2022/2023" (en castelán). 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "El futbolista Pablo Sáenz Ezquerra, Deportista Adrianés 2024" (en castelán). 27 de xuño de 2024. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "El Calahorra se despide con el debut del navarro Pablo Sáenz" (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "Pablo Sáenz, nuevo jugador del CD Alfaro" (en castelán). 25 de xuño de 2022. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "El Calahorra recupera para el primer equipo al extremo Pablo Sáenz" (en castelán). 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "Pablo Sáenz, nuevo jugador del Recreativo Granada" (en castelán). 31 de xullo de 2023. Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "Brau y Sáenz debutan con el Granada en Primera" (en castelán). 24 de maio de 2024. Consultado o 10 de setembro de 2024.